luns, febreiro 20, 2012

"En verdad es justo y necesario ..." - En verdade é xusto e necesario -Dixit Rajoi , ... Por Rosa María Artal


Por Rosa María Artal
19.02.2012


Foron practicamente as palabras de Rajoy ao clausurar o seu congreso de unanimidades: "A reforma é xusta, boa e necesaria". Na súa mente, a ladaíña da misa matutina que segue con algunhas consideracións máis:

"É o noso deber e fonte de salvación darche grazas e encomiarche sempre e en todo lugar, Señor, Pai santo, Deus todopoderoso e eterno, por Cristo, Señor noso. Cuxa morte celebramos unidos en caridade, cuxa resurrección proclamamos con viva fe, e cuxo advenimento glorioso agardamos con firmísima esperanza. Por iso, con todos os anxos e santos, encomiámosche, proclamando sen cesar: Santo, Santo, Santo é o Señor, Deus do universo. Cheos están o ceo e a terra da túa gloria. Hosanna no ceo. Bendito o que vén en nome do Señor. Hosanna no ceo".

Iso é exactamente o que pide Rajoy: un acto de fe. É dicir, crer o que non se ve. E non se ve, porque non é. O presidente do goberno falou tamén de "sacrificio", a que estamos xogando? É demasiado grave o noso problema para confialo á fe ou ao "como dios manda".

Estúdase se o seu decreto lei incumpre 8 preceptos constitucionais ... cuxa resolución levaría non menos de 5 anos. Xa hai exemplos da súa aplicación: un taller de coches de Xixón propón aumentar 5 horas a xornada e reducir salarios nun 15%. Ou estoutros, vítimas da barra libre do despedimento. Así, di Rajoy, pómonos "a nivel europeo". Non é certo, pero sería no despedimento en todo caso, non nos soldos que duplican e triplican os nosos e permiten afrontar calquera eventualidade. Tampouco nas prestacións sociais que se sitúan para os españois entre as máis baixas da táboa. E toda a plana maior do PP segue a Cospedal, cando se quita a mantilla española e o rosario, para dicir: foi a "herdanza".

É mentira. Un editorial do New York Times leva as mans á cabeza polo Curso erróneo de Europa que pagamos en particular, gregos, portugueses e españois. É a austeridade, as políticas neoliberais -que tamén aplicou Zapatero- o que aumentará a recesión e o paro. De Guindos -que me parece un curioso personaxe- di-o tamén ben claro: A economía española vai empeorar e as cifras do desemprego tamén. Pero non as finanzas dos aliados do neoliberalismo. Dos ricos que se lucran del, non dos incautos (por non dicir algo que poderían considerar máis ofensivo) que o sustentan aceptando o "sacrificio" e os autos de fe. Até os recortes que pon en perigo ata a nosa vida. En tanto outros gañan á nosa costa cantidades obscenas.

Non somos todos, centenares de miles de persoas saímos á rúa en toda España, en 57 cidades, para dicir non a esta reforma laboral. A tanta mentira. A tanta inxustiza. Rajoy di que respecta as manifestacións, pero lle traspasan dunha orella até a outra nun segundo. A cuarta parte dos españois votou-lle o que curiosamente lle dá unha maioría esmagadora de goberno, non hai máis que falar. Xa veremos. Ostentar a representación da soberanía popular, obriga a escoitar á sociedade, e a gobernar para ela, non só para empresarios varios.




Fonte: http://rosamariaartal.com/2012/02/19/en-verdad-es-justo-y-necesario/

[*] Rosa María Artal. Xornalista e escritora. En 2008 terminou unha longa carreira en TVE. O traballou en Informe Semanal onde foi reporteira. Publicou seis libros, de literatura e periodísticos. Entre estes últimos, "11M-14M, onda expansiva", "España, embigo do mundo" -2008-, "A enerxía liberada" e xunto a VV.AA. "Reacciona" -2011. .... [+ en google]

Sitio na Rede:
http://rosamariaartal.com/
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon