Este Domingo 19 de Febreiro de 2012, tivo lugar en Ferrol, como en máis de 60 cidades do Estado, unha multitudinaria manifestación, contra a reforma laboral aprobada, en Madrid, polo Goberno Dereitista do Partido Popular. Unha nova contrarreforma laboral que coa coartada do paro, só beneficia ao 1% -aos Capitalistas- e que só creará prexuízos ao 99%, á Clase Traballadora. As políticas neoliberais do PP, ao ditado do Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional e Unión Europea, non só agravan esta situación, senón que ademais son as culpables desta. Isto non é unha crise, é unha estafa, e os grandes beneficiados da precarización do emprego son os grandes bancos e corporacións transnacionais.
A Manifestación de Ferrol foi moi concorrida, miles de persoas marcharon contra as políticas neoliberais dos gobernos do PP, de Madrid e Compostela. Berros contra a reforma labora e contra o Capital. Tamén outros, e clamando pola Folga Xeral, se deixaron escoitar.
http://www.youtube.com/playlist?list=PL904B840A07FD6247
Galería Fotográfica de Susete'70
_________________________
6 comentarios
Moitos afiliados da CIG non fixeron caso das mensaxes á móbiles e dos correos electrónicos de Rivera Jácome, tentando desmobilizar, a acudiron á mobilización.
25.000 persoas e a cúpula da CIG na cama facendo país
A cúpula e os que nom estamos dispostos a seguir-lhes o jogo ao sindicalismo pactista e vendido.
Por certo, é curioso que neste portal se censure a foto da faixa do 15-M, única posiçom crítica durante a manifestaçom, chamando a Toxo e Mendez polo que som: TRAIDORES.
Pode que o anónimo que di: "Por certo, é curioso que neste portal se censure a foto da faixa do 15-M, única posiçom crítica durante a manifestaçom, chamando a Toxo e Mendez polo que som: TRAIDORES", se estea a referir a esta pancarta que estaba na Manifestación:
https://picasaweb.google.com/susete70/ManifestacionEnFerrolContraAReformaLaboral#slideshow/5710868674145293778
Por outra parte também resulta curioso que o gestor de este portal utilice umha imagem da executiva comarcal da CIG para fazer um banner e chamar à unidade sindical.
Que pronto nos olvidamos da Greve Geral de janeiro de 2011 com dirigentes de CCOO e UGT às portas dos asteleiros exercendo de contra-piquetes... Avante a Greve Geral!
Warning!! SPAM has been detected!
Por alusións, (eu tirei as fotos, e este bloge non ten nada que ver co que eu subo), non censurei ningunha foto, é máis, coincido co lema desa faixa, pero si ti a viches será porque estiveches, grazas por participar na loita compañeir@
saúde
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon