domingo, febreiro 19, 2012

Comunistas da Galiza chaman a preparar a Folga Xeral do 23 de Marzo

A REFORMA LABORAL DO PP SERVE AO CAPITAL E GOLPEA SALVAXEMENTE AO POBO TRABALLADOR

O Goberno do PP, lacaio dos monopolios e do imperialismo europeo con centro en Berlín esencadea unha ofensiva brutal contra a clase obreira e o pobo traballador.

A REFORMA LABORAL É:
  • Abaratamento do despedimento.
  • Rebaixa masiva dos salarios.
  • Vía libre aos Expedientes de Regulación de Emprego.
  • Novos mecanismos de sobreexplotación da mocidade obreira.
  • Máis cartos públicos (bonificacións) para a patronal.
  • Ataque ás prestacións por desemprego.
  • Privatización dos servizos públicos de emprego mediante as parasitarias ETTs.
  • Ditadura empresarial nos centros de traballo en materia de xornada, salario e funcións.
  • Liquidación dos convenios colectivos limitando a súa vixencia, na perspectiva da súa desaparición.

Parte das reformas xa foran antes pactadas coa patronal e os dirixentes sindicais colaboracionistas.

Todas estas medidas van no camiño de abaratar aínda máis a forza de traballo e endurecer a ditadura da patronal. Máis paro, pobreza, unha mocidade sen futuro, unha infancia desnutrida, sobreexplotación da muller traballadora, milleiros de galegos e galegas durmindo na rúa… son o auténtico rostro do Capitalismo na nosa época.

Máis paro, escravitude laboral e guerra imperialista son as “solucións” que nos impón o capital para resolver a crise estrutural do seu sistema podre e caduco.

O ataque aos salarios e aos dereitos continuarán mentres os traballadores e as traballadoras non sexamos quen de erguer unha ampla fronte obreira unitaria para derrotar as súas políticas.

O reformismo aposta por unha saída á crise dentro do marco capitalista, cando esta é imposíbel. A única salvación e o único xeito de garantir as necesidades básicas do conxunto da poboación, é mediante a expropiación dos monopolios, mediante a organización da economía en proveito da maioría traballadora e non dunha minoría
capitalista.

Cómpre responder a esta salvaxe agresión organizando a unidade e a loita sostida da clase obreira e o pobo pola derrota do sistema capitalista, pola saída do euro, da UE e a OTAN, pola conquista do poder para a maioría traballadora.

Os e as comunistas de FORXA! e o PCPE traballamos por organizar e artellar a unidade da clase nunha soa fronte obreira clasista e combativa, superadora da división en siglas sindicais e calquera outra falsa división da nosa clase, organizada desde os centros de traballo e os sectores produtivos, barrios e localidades, en comités e
asembleas, contra o Paco Social co inimigo de clase, pola unificación de todas as loitas obreiras, pola Folga Xeral.

Os comunistas do PCPE e FORXA! chamamos a preparar a FOLGA XERAL DO VINDEIRO 29 DE MARZO celebrando asembleas, concentracións, mitins, manifestacións, axitando amplamente para acadar unha resposta masiva e unitaria da nosa clase ao ataque antiobreiro da patronal e os seus gobernos.

Guerra á patronal e aos seus gobernos,

Guerra ao capitalismo!!

A loitar para liquidar o réxime de explotación,

FOLGA XERAL CONTRA O CAPITAL!!

FORXA! (Colectivo Marxista-Leninista). http://aforxa.blogspot.com/
PCPE-Comunistas da Galiza. http://www.pcpe.es/

Enviado por:
Forxa!! Construír o partido, preparar a revolución!!
-forxagz@gmail.com-
19 de fevereiro de 2012 14:51
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon