domingo, febreiro 19, 2012

19F Bloque Crítico en Ferrol: Non! á reforma laboral

En Ferrol como en máis de 60 cidades de todo o Estado, vai ter lugar unha manifestación, este Domingo 19 de Febreiro de 2012, contra a Reforma laboral aprobada, en Madrid, polo Goberno Dereitista do Partido Popular.

A manifestación de Ferrol convocan-na UGT, CCOO e a USTG. Mais como as CCOO e UGT, teñen asinado a reforma das pensións e hai uns días un pacto de contención salarial e de precarización da negociación colectiva coa Patronal, non nos fiamos que despois de mobilizar cheguen a outros acordos asinando de costas aos intereses da Clase Traballadora, vai-se formar, por se acaso, un Bloque Crítico como vai suceder no resto das mobilizacións que van ter lugar en todo o estado.

"Non podemos deixar pasar calquera mobilización que o faga contra a reforma laboral que nos impón o goberno de Rajoi".

Desde #AcampadaFerrol e outros sectores críticos das diferentes centrais sindicais propoñen constituír un bloque crítico para a marcha en contra da reforma laboral o domingo 19 de febreiro. O bloque unirase a todo o percorrido, diferenciado-se dentro da mobilización convocada polos sindicatos.

Desde a #AcampadaFerrol - Toma a Rúa - Asemblea do 15M Ferrol, propoñen a todos os sectores e colectivos críticos coa política oficial das cúpulas sindicais que se unan a este bloque e protesten unidos contra unha nova reforma laboral feita á medida do 1% e que só creará prexuízos ao 99%. Xa sabemos que as políticas neoliberais non só agravan esta situación, senón que ademais son as culpables desta. Isto non é unha crise, é unha estafa, e os grandes beneficiados da precarización do emprego son os grandes bancos e corporacións.

Aproveitemos ese día non só para expresar a nosa máis profunda desconformidade a este novo retroceso e ninguneo nos dereitos dos traballadores e traballadoras que impón o Goberno dereitista do PP e a Patronal, senón para visibilizar a nosa desconformidade máis absoluta coas cúpulas sindicais, que non coas súas bases. Non podemos esquecer que estes dirixentes pactaron graves perdas de dereitos os últimos anos. Tamén convidan a participar con propostas e ideas para seguir construíndo alternativas e vías de acción de forma colectiva e horizontal.

Manifestación en Ferrol,
19 de Febreiro de 2012,
ás 12 do mediodía
desde o Inferniño




acampadaferrol@gmail.com

http://tomaarua.blogspot.com/




__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon