domingo, febreiro 19, 2012

Ante o anunció de entrada na Ría de Ferrol dun novo buque gaseiro para Reganosa, o LNG "Iberica Knutsen", o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova concentración sonora de protesta en Ferrol, para este Luns, 20 de Febreiro

Tags


CONCENTRACIÓN EN FERROL
NA PRAZA AMADA GARCIA
[DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA]
ÁS 7 DA TARDE, DO LUNS 20 DE FEBREIRO

Un novo buque gaseiro achega-se ás costas galegas do noroeste. Ten prevista a súa entrada no Golfo Ártabro, este Luns 20 de Febreiro de 2012. Sobre as 15:40h é a preamar diúrna, polo que a entrada na Ría será sobre esa hora, dado que os buques destas características só poden entrar na Ría con marea alta diúrna, polo escaso calado da canle de entrada de máis de 4.000 metros de lonxitude, estreita e sinuosa.

O LNG "Iberica Knutsen", fai o buque gaseiro cargado 112 desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Ante este anunció de entrada na Ría de Ferrol do LNG "Iberica Knutsen", o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada deste buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, convoca en ferrol, unha nova concentración sonora de protesta e denuncia para o mesmo día, desta vez na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 7 da tarde.


Características do Iberica Knutsen:
Tipo de Navios: Lng tanker - Ano de contrución: 2006 - Eslora X Comprimento: 277 m X 6 m - Gross Tonnage: 93.915, Porte Bruto: 77.323 t - Velocidade rexistada (Max/media): 20.5 / 18.4 knots - Bandeira: Norway [NO] - Indicativo: LAHN6 -IMO: 9326603, MMSI: 257990000

  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
18 de fevereiro de 2012 13:46
_________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon