Ás 7 da tarde deste Xoves 23 de febreiro de 2012, a Praza Amada Garcia de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, enchía-se de bandeiras multicolores dos sindicatos da administración pública que de xeito unitario estanse mobilizando contra as Medidas de (contra)reforma no emprego público galego, aprobadas polo goberno dereitista de Alberto Nuñez Feijóo. Medidas de (Contra)reforma chea de recortes en dereitos, en calidade de vida, ... que recortan postos de traballo, que empeoran as condicións laborais e en consecuencia recortan as prestacións de servizos á cidadanía, dependencia, sanidade e ensino...
Pouco despois das 7 da tarde partía a multitudinaria manifestación cuxa composición maioritaria era de empregad@s public@s, de todos os sectores, ensino, sanidade, servizos sociais, dependencia, administración, ... Foi unha manifestación longa por todo o casco histórico da cidade, para rematar no mesmo lugar desde onde partiu. Unha vez concentrad@s pasou-se á lectura dun comunicado unitario, precedido dunhas palabras de solidariedade co movimento estudantil de Valencia que estes días foi vítima dunha brutal e desproporcionada represión policial.
Manifestación na Defensa dos Servizos Públicos, "Non aos recortes dos nosos dereitos" - Mobilizacións en Ferrol - 23 de Febreiro 2012.
http://youtu.be/jysPFOW1Z8E
Manifetación pola rúas do casco vello de Ferrol
http://youtu.be/N7x02BYmfBc
Comunicado Final na Praza Amada Garcia
http://youtu.be/oGf3LUw7JkQ
Galería Fotográfica da Mobilización de Ferrol
Fonte das fotos Susete'70
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon