Proposta de obxectivos e orde do día da Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da Rede de Apoio Mutuo.
Día: Martes 28 de Febreiro.
Lugar: Local Social da Asociación Veciñal de Esteiro.
Horario: de 19 a 21 horas.
Obxectivo da reunión: continuar co proceso de construción, ser informados do traballo das Comisións constituídas e valorizar ese traballo e propostas. Informar das mobilizacións e actos unitarios.
Temas a tratar:
1-Informe da Comisión de Economía Social
- Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas.
- Peto de Aforro Solidario.
- Puntos de Produto Básico Compartido.
2- Informe da Comisión de Diagnose e Comunicación.
- Blogue do Encontro e outros das Comisións.
- Imaxe do Encontro.
- Fichas para a Rede de Apoio Mutuo.
- Asembleas de Barrio.
- Comentario de novas e reportaxes publicados no Diario de Ferrol.
3- A Marcha Mundial das Mulleres solicitou uns minutos dentro do Plenario para informar das actividades unitarias organizadas polo Día Internacional das Mulleres.
4- Información da Concentración na Capela, para o Sábado 3 de Marzo, convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol, para denunciar o incumprimento do acordo de construción do Centro de Saúde e continuar coa difusión e recollida de sinaturas para a presentación da Iniciativa Lexislativa Popular pola promoción e defensa da Sanidade Pública.
* * *
Ferrol, 26 de Febreiro de 2012
Notas.-
1 - Achegamos a convocatoria para imprimir en ficheiros anexos, en formato privativo -doc- microsoft-windows e formato libre -odt- gnu-linux.
2 - Ficheiros -en formato jpg- e un cabezallo transparente en formato -png- da imaxe do Encontro.
3 - Enderezo Blogue: http://
---
Primeira sesión das Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas - Venres 2 de Marzo ás 7 da tarde no Centro Cívico de Caranza
Na última xuntanza da Comisión de Economía Social e Calidade de Vida, acordou-se a realización dunhas Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas.
As citadas Xornadas realizaranse os dias 2 e 16 de marzo de 2012.
A primeira xornada terá formato de conferencia-debate. Na segunda xornada desenvolveranse obradoiros que desenvolverán os contidos expostos na primeira xornada.
O día 2, as xornadas realizaranse no Centro Cívico de Caranza. O día 16 no CEIP Manuel Masdías.
Entregarase ás persoas asistentes unha folla para cumprimentar e un limón. Instalarase unha mesa co necesario.
Aproveitarase esta xornada para dar a coñecer os “Espazos de produtos básicos compartidos”, organizando un no mesmo Centro Cívico, que funcionará ao longo da xornada. Pedirase colaboración no plenario do Encontro.
Enviarase información polos correos e utilizarase un pequeno cartaz para anuncialas.
Nota.-
Baixa o cartaz en formato -pdf- ou -jpg- e difunde, sexa a través da rede ou facendo unha ou varias copias para colocar no teu centro de traballo, de ensino ou no local social da túa asociación veciñal, cultural, ecoloxista, ... no local do sindicato, onde compras o pan, ou no mercado, ...
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon