sábado, marzo 10, 2012

10 de Marzo, ... Por Yolanda Díaz

Por Yolanda Díaz [*]
10.03.2012

Dez de marzo, día da clase obreira galega! Hai 40 anos, Daniel e Amador pagaron coa súa vida a dura aprendizaxe propio da clase traballadora que nos aprende que os dereitos se gañan con esforzo, mobilizacións, loita, coa posta en común solidaria de xestos, actitudes e feitos comprometidos, que son as que recrean un mundo onde hai explotados e explotadores, intereses antagónicos. Cando aceptamos a resignación do mal menor ou nos rendimos aos pregoeiros interesados –e moi ben remunerados do capital– perdemos o froito da fermosa lección política e moral que persoas como Amador e Daniel nos legan todos os días: os dereitos se gañan nas loitas unitarias das persoas que vendemos a nosa forza de traballo en troques dun xornal. Houbo motivos hai corenta anos para arriscar e mobilizarse e os hai hoxe para volver a arriscarnos e pelexar en defensa do que é xusto: que as persoas traballadoras non poidan ser despedidas ao cabo dun ano porque si, porque lle peta a un patrón que aínda por riba cobra unha subvención pagada con cartos públicos; porque non pode ser que se baixen os salarios ou se aumente a xornada de traballo porque lle peta ao patrón; porque non é xusto pór máis atrancos dos que xa temos ás mulleres para exercer o dereito de lactación ou para conciliar a nosa vida laboral e familiar; porque a pobreza ten rostro de muller con crianzas... hai motivos abondo para seguir o exemplo das persoas que exerceron a dignidade da rebeldía hai corenta anos e contaxiaron a moitos máis e cambiaron esta sociedade; nós tamén podemos facelo se loitamos xuntos nos días e mobilizacións por vir.

Yolanda Díaz é portavoz de EU
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon