sábado, marzo 10, 2012

Arde A Veiga - Impresionante Vídeo - Censura na TVG - Mobilizacións e Denuncia


O persoal de Seaga alerta dun lume de grandes dimensións nos montes do Concello da Veiga
Denuncian que a Xunta non está informando da súa existencia nin hai efectivos abondo para controlalo

Os traballadores e traballadoras de Seagan queren pór en coñecemento da cidadanía galega a existencia dun lume incontrolado na zona da Veiga (Ourense), do que a Xunta non está a informar. As gravacións realizadas dende un helicóptero no día de onte, xoves 8 de marzo, deixan constancia das grandes dimensións da catástrofe.

Iniciativa responsábel

O persoal de Seaga critica que, como non se produciron as contratacións entre campañas a pesar de que o inverno está a ser especialmente seco, non hai medios humanos suficientes para atallar este lume. Ante a falta de efectivos, os traballadores e traballadoras de Seaga barallan trasladarse pola súa conta até zona para tentar controlar o incendio, dentro das súas posibilidades.

Censura

Así mesmo, queren denunciar a censura deste lume por parte da TVG, que hoxe abriu o telexornal do mediodía facendo referencia á un incendio en Cataluña, mentres obvia a dramática situación dos montes galegos.

Mobilizacións e Denuncia

Ao longo destas semanas, os traballadores e traballadoras en paro de Seaga e a CIG-Servizos realizaron mobilizacións para denunciar que a Xunta aínda non contratou a persoal para a precampaña e que “a estas alturas, o máis grave é que nin sequera se sabe como se vai organizar a campaña de verán, nin con cantos traballadores/as se vai contar”.

As consecuencias máis directas e evidentes destas actuacións estanse vendo nos nosos montes - 8 de Marzo de 2012.

http://youtu.be/iEv6OSmb-Lg


Fonte: Avantar
_______________

1 comentarios so far

Aclaración de Avantar

CIG-Servizos rectifica a información do incendio de A Veiga publicada o pasado venres.

As imaxes correspóndense cun incendio de finais de febreiro
CIG-Servizos rectifica a información publicada o pasado venres, en relación ao incendio que, segundo as súas fontes, se estaba a producir no concello de A Veiga desde o día 8 de marzo. A federación de Servizos puido saber que, en realidade, as imaxes que lle foron proporcionadas se corresponden efectivamente cun lume en A Veiga, pero que se produciu a finais do mes de febreiro.

O secretario nacional, Paulo Rubido, lamenta o malentendido e reitera que, en todo caso, si é certo que a Xunta de Galiza e os medios públicos están limitando a información relativa aos lumes que se están a producir nesta precampaña.

http://www.galizacig.com/avantar/novas/12-3-2012/cig-servizos-rectifica-a-informacion-do-incendio-de-a-veiga-publicada-o-pasado-venre


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon