sábado, marzo 24, 2012

25 de Marzo acción por unha banca pública, concentración na Praza do Concello, diante do Pazo Municipal ás 12:30 horas.

A Plataforma polo Aforro Público convoca unha xornada de acción e reivindicación dunha Banca Pública Galega o vindeiro domingo 25 de marzo.

A acción será a nivel galego e haberá actos en Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol.

A Plataforma Polo Aforro Público convoca á cidadanía a participar na xornada de acción do vindeiro domingo 25 de Marzo, na que reflexionaremos sobre a privatización das caixas e o comportamento absolutamente irresponsable do sector financeiro na crise na que estamos afundidos, e reivindicaremos a necesidade de crear unha Banca Pública.

Este día de acción está coordinado a nivel galego e haberá mobilizacións similares nas principais cidades. En Vigo, a manifestación partirá ás 11.30h da Praza de España; en Pontevedra, comezará ás 18.30 na Alameda e contarán coa presenza do catedrático de economía José Luis Outes Ruso; na Coruña, está convocada para as 19.00h, saíndo do Obelisco; en Santiago será ás 18:00 na Alameda; e en Ourense, será entre as 19.00 e as 21h, comezando diante da sede de Novagalicia Banco na rúa do Paseo, en Ferrol concentración na Praza de Armas as 12, 30 horas.

Por que reivindicamos unha banca pública?

Dende a PAP consideramos que para superar esta crise en positivo, e para o normal funcionamento democrático da nosa sociedade, é imprescindible unha banca pública que funcione de xeito ético e devolva á cidadanía o poder sobre os aspectos financeiros da economía. Só así poderemos ter un control democrático da economía, contribuíndo ao benestar colectivo.

Asemade, consideramos que a bancarización das caixas de aforro non é necesaria nin inevitable. Baixo argumentos supostamente técnicos, refutados por varios expertos críticos, acerca da necesidade de privatizar as caixas para salvalas, agóchase a vontade do capital financeiro de facerse co control do negocio bancario do país, mantendo a súa hexemonía e poder social nesta crise, causada polas súas malas prácticas na burbulla especulativa do ladrillo, e non polo traballo da xente da rúa.
Deste xeito, non só estáselle a dar regalado o capital das caixas aos bancos, senón que se está a crear un oligopolio no sistema financeiro galego e español, que vai provocar a exclusión financeira de gran parte da poboación, PEMES e familias. Isto, de feito, xa está a pasar, e o paro e a crise son consecuencia directa da seca de crédito por parte de institucións bancarias completamente irresponsábeis socialmente e politicamente impunes.

Por iso, para saír desta crise con esperanzas, con emprego e mantendo o benestar social, precisamos dun sistema financeiro público e ao servizo da economía e a democracia. Precisamos dunha BANCA PÚBLICA. Axúdanos a conseguila e acude á manifestación do día 25!

Que é a PAP?

A Plataforma polo Aforro Público é unha agrupación de colectivos e persoas que naceu co obxectivo de reflexionar e reclamar, dende a organización cidadá e de base, unha xestión distinta da problemática financeira actual.

Ademáis de persoas individuais, os colectivos e organizacións cidadás que compoñen hoxe a PAP son, fundamentalmente, o Foro de Asembleas Galegas do 15M, a plataforma ATTAC Xustiza Económica Global, Mesas de Converxencia e Democracia Real Xa.

Podes contacta coa PAP e obter máis información en:

Blogue: http://aforropublico.wordpress.com/
Twitter: @AforroPublico

Facebook: https://www.facebook.com/aforropublico
Contacto para prensa: 616116913

http://rededeconverxenciasocial.blogspot.com.es/

Enviado por:
mesas converxencia galicia
-mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com-
21 de março de 2012 20:09
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon