A Asociación Cultural Fuco Buxán, está, co Movemento Cidadán, en contra do desmantelamento e privatización, polo Partido Popular, dos órganos de participación no Concello de Ferrol.
Súmase á convocatoria do martes 27 de marzo ás 19,30 horas na Praza de España para rexeitar estas medidas.
O Alcalde Rey Varela e o Partido Popular no Concello de Ferrol, comezan xa a amosar a súa política de desmantelamento e manipulación dos canles de expresión e participación cidadá, tratando de silenciar ao tecido asociativo para implantar o poder absoluto.
O desmantelamento (para posterior privatización da xestión destas actividades) dos Padroados de Música, Danza e Artes Escénicas, e do de Deportes, e tamén do INFACOFE (a xestión dos noso impostos) con falaces argumentos de austeridade, non ten outros obxetivos que amordazar a opinión cidadá e apartar as asociacións e a cidadanía da xestión municipal, proseguindo a súa campaña de entregar os asuntos públicos ás empresas privadas que perseguen, naturalmente, o lucro e non o interese das ferrolás e os ferroláns.
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
Enviado por:
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
A Crise
Fuco Buxan A. C.
O PP desmantela órganos municipais de representación cidadá - Fuco Buxán AC súmase á convocatoria do martes 27 de marzo ás 19,30 horas na Praza de España para rexeitar estas medidas
sábado, marzo 24, 2012
O PP desmantela órganos municipais de representación cidadá - Fuco Buxán AC súmase á convocatoria do martes 27 de marzo ás 19,30 horas na Praza de España para rexeitar estas medidas
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, marzo 24, 2012
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
24 de março de 2012 19:22
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon