mércores, marzo 14, 2012

Actos para hoxe Mércores 14 de Marzo de 2012 - "Só quedan 15 días para a Folga Xeral" - Axenda Aberta: "De boca ... a boca"

Mércores, 14 de Marzo de 2012
"Só quedan 15 días para a Folga Xeral"

18:00 horas.
Sesión de contacontos en Fene, a cargo de Caxoto Contacontos "Soñando cunha caixa de cartón", na Biblioteca Municipal Xosé María Pérez Parallé.
 Máis Información 

18:00 horas.
Rafael Pillado, asinará exemplares do libro “O latexo da vida e da conciencia” Memorias Colectivas de Rafael Pillado, Volume-I.
Máis Información 

19:00 horas.
Asemblea Acampada Ferrol.
 Máis Información 

19:00 horas.
Asemblea de Barrio da Cabana, dentro do proceso de participación cidadá de Ferrol no Local Veciñal.
 Máis Información 

20:30 horas.
Cine Clásico nos Dúplex - Esteiro. "O Golpe", (título orixinal en inglés, The Sting) é un filme dirixido por George Roy Hill en 1973. Resultou gañador de sete premios Oscar, incluído o premio á Mellor película, dun total de dez nominacións.
 Máis Información 

Exposición Fotográfica, conmemorativa dos 40 anos dos sucesos do 10 de Marzo de 1972, no Edificio Acristalado do Salón de Actos do Vicerreitorado, Campus de Esteiro - Ferrol.
 Máis Información 

E durante 24 horas podes escoitar:

No 93.9 da FM ou a través da rede, música e un montón de programas en Rádio Filispím, a Radio Libre e Comunitaria da Comarca de Trasancos.
 Máis Información 

No 107.7 da FM ou a través da Rede, Rádio Fusión - Radio Fene, Rede de Emisoras Municipais da Galiza.
 Máis Información 

Fonte: Axenda Aberta - De boca ... a boca
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon