mércores, marzo 14, 2012

O naval da Ría de Ferrol marcha sobre Santiago

Hoxé pola mañá comezaron a segunda xornada da marcha a Compostela, despois do día de onte de abafante calor.

Agardan que a Xunta confirme por fin a posta en marcha de actuacións concretas e lembra que os talleres están comezando a pechar

Os comités de empresa de Navantia Ferrol e Fene e das compañías auxiliares iniciaron onte -Martes 13 de Marzo de 2012, a marcha a pé de Coruña a Santiago reclamando carga de traballo. Os delegados e delegadas saíron da comarca en autobús ás 8,30 da mañá. Iniciaron a súa andaina fronte á delegación do goberno en Galicia na Coruña arredor das 9,30. Pararon en Cambre a xantar e pasaron a noite en Carral. A chegada á meta está prevista para o Xoves día 15 de Marzo. O conxunto do plantel dos estaleiros desprazarase ese día a Santiago para culminar alí todos marcha reivindicativa.

A construción do dique flotante para que se poidan reparar grandes buques é a principal reclamación, porque xeraría carga de traballo inmediata para 1.000 traballadores durante dous anos. Os sindicatos inician novas protestas, tras as mobilizacións que concluíron o 9 de febreiro cunha masiva manifestación na Coruña.

Información baseada na escrita por  María Xesús Arias en  RadioFusion.

Galería de imaxes da primeira xornada da marcha.

Máis información en Avantar.
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon