Onte, de acordo con información divulgada polo goberno de Afganistán, un soldado estadunidense asasinou a 16 habitantes de Kandahar. Segundo os datos dispoñibles, o militar entrou en tres vivendas e, ao parecer, disparou indiscriminadamente contra quen se atopaban nelas.
Este acto de barbarie ocorre no contexto da indignación que percorre á poboación afgana por a queima de exemplares do Corán polas tropas invasoras e pola recente difusión dun vídeo no que pode verse a elementos do corpo de marines que ouriñan sobre os cadáveres de tres afganos abatidos.
Aínda que desde o primeiro momento o presidente estadounidense, Barack Obama, lamentou a masacre do domingo e cualificouna de "incidente illado", a barbarie das tropas estranxeiras en Afganistán obedece a unha pauta de agresións regulares e sistemáticas contra a poboación local. Aos casos mencionados deben agregarse os frecuentes bombardeos aéreos perpetrados por avións da coalición occidental invasora sobre concentracións de civís non involucrados no conflito. Si a iso agrégase a información contida nos 92 mil documentos sobre a guerra en Afganistán que deu a coñecer Wikileaks en xullo do ano pasado (The War Logs), e que rexistran toda sorte de atrocidades perpetradas polos invasores entre 2004 e 2009, resulta difícil crer que a máis recente carnicería sexa consecuencia da acción excepcional dun soldado que "toleou".
As documentadas prácticas criminais de Washington e os seus aliados na infortunada nación centroasiática son, polo demais, consistentes cos manuais clásicos de contrainsurxencia elaborados polo Pentágono e coinciden coa barbarie estrutural que caracteriza aos exércitos colonialistas. De feito, un modelo semellante de abusos e atropelos contra a poboación civil foi aplicado en Irak polos invasores estadounidenses.
Existen numerosas probas sobre o carácter mendaz do Pentágono e doutras dependencias de Washington no tocante a violacións de dereitos humanos cometidas polas súas tropas. Desde a divulgación dos Papeis do Pentágono (Pentagon Papers) en 1971 por The New York Times ata a difusión en Youtube do video Asasinato colateral (Collateral Murder) por Wikileaks, en abril de 2010, a opinión pública internacional puido contrastar as duras realidades da barbaria bélica estadunidense coas versións oficiais que atribúen accións criminais a "equivocacións", "excepcións" e "incidentes illados".
Trala máis recente masacre de civís afganos por un integrante das tropas invasoras, resulta inocultable a urxencia de que o goberno de Barack Obama poña fin xa á presenza militar do seu país na nación centroasiática, ofreza unha desculpa de Estado pola agresión iniciada en 2001 e emprenda un programa de indemnizacións e compensacións para as decenas de miles de vítimas civís e os seus familiares que as forzas occidentais causaron en Afganistán. De non facelo así, podería ocorrer que Washington estivese plantando as sementes dun novo 11 de setembro.
Debuxo de Atiquilah Shaihd
Fonte: o xornal mexicano La jornada
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon