venres, marzo 16, 2012

Cambiando o imaxinario alienante: Fala sobre o "Modelo feminista da construción económica e social" - Vídeos

Os pasados 2,3 e 4 de Marzo deste ano 2012, tibo lugar en Euskal Herria, na localidade navarra de Leitzan, o V Encontro Feminista de Mulleres Abertzale. Dentro deste Encontro houbo a participación de Amaia Pérez Orozco [*], que a través dun vídeo falou sobre o "Modelo feminista da construción económica e social" e a contribución de economistas feministas. Na segunda parte aborda a construción do modelo social e económico feminista, e os pasos e contribucións que recibimos do movimento feminista.

Amaia Pérez de Orozco, V.Topaketa feministak Leitzan. (1)

http://youtu.be/Cf1YZnMv4i8


Amaia Pérez de Orozco. V.Topaketa Feministak Leitzan (2)

http://youtu.be/kiX7Y__rhTs


[*] Amaia Pérez Orozco, é doutora en economía pola Universidade Complutense de Madrid, imparte clases sobre xénero e economía en diversos estudos de posgrao. Traballou como investigadora do Instituto Internacional de Investigación e Capacitación da ONU para a Promoción da Muller; foi membro do colectivo Precarias á deriva e participa activamente en movementos sociais. Entre as súas publicacións: 'Perspectivas Feministas ao redor da Economía: o caso dos coidados' (CES, 2006); 'Desigualdades a flor de pel : as cadeas globais de coidados' (con Silvia L. Gil)

http://2012topaketafeministak.wordpress.com/

http://www.emakunde.euskadi.ne

Enviado por:
Manuel Rivera
"Unha visión feminista da crise Económica e posibles alternativas. Moi imnteresante"
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon