Debate entre Xosé Manuel Beiras (Encontro Irmandiño), Xoán Bascuas (+Galiza) e Manuel Dios (Espazo Ecogaleguista) celebrado na Facultade de Filoloxía da USC o 21 de marzo de 2012.
http://youtu.be/yTDXUQ9GUTg
O 'que' comeza a clarexarse, agora resta saber o 'como'. O Encontro Irmandiño, Máis Galiza e o Espazo Ecogaleguista foron convocados este mércores en Compostela para, ante un auditorio formado esencialmente por estudantes, responder a unha densa pregunta de partida: "cal é o futuro do nacionalismo?". En plena resaca da treboada posterior á Asemblea Nacional do BNG, que mesmo sacudiu a propia organización do coloquio, Xosé Manuel Beiras, Xoán Bascuas e Manuel Dios deron, dun xeito máis ou menos explícito, en tender mutuamente as mans para confluíren nun proceso que ata o momento, en verbas do que fora portavoz nacional do Bloque, pode ter un aire a "camiñar entre a néboa", pero que, asegura, comezará a clarexar en breve. Tras semanas de ruxerruxes os tres colectivos semellan dispostos a confluír dende a convicción, di Bascuas, de que "o futuro inmediato nos vai ofertar unha única oportunidade". Que saia adiante, afirma, "é responsabilidade de todos os que teñen capacidade de decisión" para "atendela.
Fonte: Praza Pública
|Máis Info e moitos interesantes comentarios en Praza Pública|
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon