xoves, marzo 15, 2012

Esquerda unida reclama o investimento previsto no Plan de Travesías da Deputación para realizar as beirarrúas entre o local veciñal de Covas e o cruce de Beceiro - Demandas e necesidades da veciñanza do barrio de Santa Mariña

Informacións do Grupo Municipal de EU Ferrol
Ferrol, mércores 14 de marzo de 2012

EU RECLAMA A REALIZACIÓN DAS BEIRRARÚAS EN COVAS AFECTAS POLO PLAN DE TRAVESÍAS
JAVIER GALÁN INQUIRIU NA COMISIÓN POLO DESTINO DA PARTIDA DE 777.421 EUROS PARA A SÚA EXECUCIÓN

O Grupo Municipal de Esquerda Unida formulou hoxe na Comisión de Obras a demanda para que se proceda a executar a obra das beirarrúas entre o local veciñal de Covas e o cruce de Beceiro (estrada 3603, Ferrol a Covas, p.k. 8,37 a 9,78 ). A realización desta infraestrutura conta co respaldo unánime da veciñanza da zona e resta pendente de facerse sen que coñezamos no día de hoxe os motivos da súa non execución.

Esta obra orzamentouse ao abeiro do Plan de Travesías 2008-2011 da Deputación provincial, na primeira metade de 2008, aprobándose na sesión de 29 de febreiro e publicándose no BOP de 12 de abril. Catro anos após semella tempo abondo para terse realizado.

Javier Galán inquiriu na Comisión a cerca da execución desta obra e dos cartos públicos afectos á mesma, quedando enrriba da mesa a contestación do Goberno Municipal para os próximos días. O concelleiro de Esquerda Unida insistiu na relevancia da obra.

A importancia da obra resulta correlativa ao volume do investimento e semella necesario acometela xa para satisfacer unha necesidade de seguridade vial da veciñanza. Esquerda Unida continuará nas vindeiras datas facendo o labor de seguimento deste investimento público para a parroquia de Covas.


Ferrol, martes 13 de marzo de 2012

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DEMANDA DO GOBERNO INFORMACIÓN DOS TRÁMITES REALIZADOS PARA PROCEDER A DESMANTELAR A SUBESTACIÓN DE SANTA MARIÑA E INSTA A EXECUCIÓN DO ACORDO PLENARIO
ESQUERDA UNIDA FORMULARÁ UNHA BATERÍA DE PROPOSTAS NAS VINDEIRAS COMISIÓNS SOBRE AS DEMANDAS QUE O BARRIO TRASLADOULLE Á CONCELLEIRA DE ZONA E QUE RESTAN SEN RESOLVER

O Grupo Municipal de EU demanda do Goberno Municipal información sobre os trámites realizados nestes 9 meses de goberno para levar a cabo o acordo plenario de desmantelar do seu actual emprazamento a subestación eléctrica de Santa Mariña. Semella unánime a demanda en tal sentido e o noso Grupo - promotor da iniciativa que en forma de moción aprobou este concello – requírelle ao Goberno que primeiro informe das xestións e segundo se comprometa a impulsar este tema como prioritario. Lembrámoslle ao PP a súa posición favorable cando ocupaba os bancos da oposición e reclamámoslle coherencia nesta materia.

“Prioridade nada das esixencias de saúde pública e prevención e doutra banda para atender ás posibilidades que se abren co desmantelamento en orde a acrecentar a zona verde do barrio”, segundo declarou Javier Galán.

Esquerda Unida manterá nos vindeiros días un novo encontro de traballo coa asociación veciñal para actualizar o amplo catálogo de necesidades e eivas insatisfeitas que a veciñanza de Santa Mariña aínda lle volvou a formular ao actual Goberno Municipal, e que restan sen resolver.

Nas vindeiras comisións informativas, Esquerda Unida achegará unha batería de iniciativas e preguntas encol das necesidades variadas da veciñanza do barrio para tentar acadar solucións prácticas a parálise coa que o Goberno Municipal encara a atención e mantemento do barrio.

Semella evidente o mal funcionamento dos concelleiros responsables dos barrios. Cómpre reformular un xeito de relación coa veciñanza que se afinque na democracia participativa, e que de xeito horizontal produza informacións, codecisión e empoderamento nas veciñas e veciños do barrio.

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
14 de março de 2012 14:27
13 de março de 2012 14:08

Prezadas/os amigas/os: remitimos un INFORMACIÓNS reclamando o investimento previsto no Plan de Travesías da Deputación para realizar as beirarrúas entre o local veciñal de Covas e o cruce de Beceiro. Tamén achegamos unhas INFORMACIÓNS sobre as demandas e necesidades da veciñanza de Santa Mariña. Saúdos, Ramiro Marier
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon