xoves, marzo 15, 2012

Lembrando que hoxe, Xoves 15 de Marzo, ás 7 da tarde, temos unha cita na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, en solidariedade coa veciñanza en loita polo Consultorio Médico da Graña e en Defensa da Sanidade Pública


As asociacións veciñais de Brión, A Graña, A Cabana e Serantes xunto á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convocan un novo acto de protesta polo peche do Consultorio da Graña. O xoves 15 ás 19 horas na Praza de Armas de Ferrol haberá unha concentración para demandarlle á Xunta de Galicia unha solución viable para o Consultorio da Graña; solución que so pode pasar pola dotación co persoal necesario ao centro. Non podemos permitir que o SERGAS aproveite unha sentenza xudicial para facer un novo recorte asistencial na nosa comarca.

Lembrar que os veciños destes barrios están a facer un peche no Consultorio desde a pasada semana. Acode ao centro e solidarízate cos veciños afectados.

Pensamos que detrás do peche do Consultorio da Graña pode agocharse a intención de pechar tamén os de : Ferrol Vello, O Val, Pedroso, Maniños, Mera e Espasante.

Se non nos mobilizamos en contra dos recortes da Sanidade Pública, cada vez teremos menos dereitos.

Nota de Última hora

Hoxe pola mañá houbo unha reunión coa Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Esta fixo unha proposta ás asociacións veciñais e a Plataforma que non foi aceptada por estas. Polo tanto, o peche no Consultorio como a Concentración seguen adiante. Ademais, hoxe pola tarde ás 19 horas, o médico e presidente de AMICOR Carlos Piñeiro ofrecerá no Consultorio da Graña unha Conferencia, e o venres a partir das 19:30 haberá unha actuación, tamén no Consultorio, da artista ferrolá María Manuela.

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Concentración en defensa do Consultorio da Graña: Xoves 15 de Marzo, ás 7 da Tarde na Praza do Concello de Ferrol

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
14 de março de 2012 12:03

__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon