domingo, marzo 11, 2012

Concentración en defensa do Consultorio da Graña: Xoves 15 de Marzo, ás 7 da Tarde na Praza do Concello de Ferrol


Concentración en protesta polo peche do Consultorio da Graña e en Defensa da Sanidade Pública
Participa ! Non faltes ! Todas e Todos somos necesari@s

As asociacións veciñais da Graña, Brión, A Cabana e Serantes xunto á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol convocan un novo acto de protesta polo peche do Consultorio da Graña.

Este xoves 15 de Marzo de 2012, ás 7 da Tarde na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, haberá unha concentración para demandarlle á Xunta de Galicia unha solución viable para o Consultorio da Graña; solución que só pode pasar pola dotación co persoal necesario ao centro. Non podemos permitir que o SERGAS aproveite unha sentenza xudicial para facer un novo recorte asistencial na nosa comarca.

Lembrar que as veciñas e veciños destes barrios están a facer un peche no Consultorio desde a pasada semana. Acode ao centro e solidarízate coa veciñanza afectada.

Se queres colaborar coa veciñanza pechada no Consultorio podes difundir a convocatoria descargando este cartaz, imprime e reparte o cartaz (A3 e pdf), pega no local da asociación, no sindicato, no mercado, na panadería, onde vexas que podes facé-lo, temos que axudar-nos entre todas e todos. A unidade e solidariedade na loita é moi necesáría.

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Concentración n'A Graña en defensa da sanidade pública contra o peche do consultorio médico - Vídeos - Galería Fotográfica

Ártabra 21: Hoxe, domingo 4 de marzo, ás 12 do mediodía na Graña, en solidariedade coa veciñanza pechada no consultorio e pola defensa da sanidade pública

Ártabra 21: Veciñas e veciños d'A Capela acudiron á chamada do seu Alcalde, Manuel Meizoso e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol - Vídeo

Ártabra 21: A veciñanza da Graña continua na loita pola defensa do Consultorio Médico - O Domingo 4 de Marzo concentración cidadán pola Defensa da Sanidade Pública - A loita veciñal nos medios

Ártabra 21: A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol manifesta a súa total oposición ao peche do Consultorio da Graña
_________________

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
11 de março de 2012 16:14
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon