martes, marzo 27, 2012

Hoxe martes 27 de Marzo, está convocada unha Asemblea Cidadá para debater e decicir sobre un novo proxecto do goberno municipal para a Praza de España


Autoconvocatoria a toda a cidadanía e entidades sociais para o vindeiro día 27 de Marzo (Martes) ás 7,30 h da tarde na mesma Praza de España -Porta Nova- para debater, suxerir e formular propostas nunha asemblea participativa cara a unha cidade mellor.

A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC); A. Veciñal de Covas; A. Veciñal de S. Xurxo; Asociación S.C. López Bouza; A.Veciñal de Esteiro; A. Veciñal S. Pablo-Catabois; A.Veciñal O Rosario- Inferniño;  A.Veciñal Prioriño; A. Veciñal S.Xoán- O Bertón; A.Veciñal Stª. Mariña; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21, varias persoas a título individuais, acordamos:

REXEITAR A ACTUACIÓN concreta de gastar máis de 700.000 € para a Praza de España coa desculpa de crear un pulmón verde.

Temos coñecemento de que o goberno local proxecta unhas supostas melloras da Praza de España, onde como ven sendo habitual os cidadáns non fomos consultados e descoñecemos como se van investir estes 700.000 €, o cal nos parece unha cantidade excesiva e unha desmesura.

Este mesmo goberno tiña proxectado no seu anterior mandato un edificio comercial de 21 mts de altura, que supoñía privatizar unha parte da Praza de España. Recuperar ese espazo, custounos aos cidadáns 6 millóns e euros.

Doutra banda, parécenos unha cifra esaxerada cando temos nesta cidade outras necesidades máis importantes e outras prioridades, estamos vendo como recortan dereitos sociais e se pechan comedores sociais e outros que estaba previsto abrir non se fala deles.

Estanse recortando, de maneira esaxerada, as subvencións a entidades de carácter asistencial e se queren tirar outros 700.000 euros na Praza de España

Queremos lembrar que houbo un acordo de participación cidadá para destinar un dos edificios a ser un FORO CIDADÁ con contidos de carácter social e cultural como charlas, asembleas, sala de exposicións, lectura e lugar de encontro cidadá.

Por este acordo, facemos unha AUTOCONVOCATORIA a TODA A CIDADANÍA e ENTIDADES SOCIAIS para o vindeiro DÍA 27 DE MARZO   (Martes)  ás 7,30 h da tarde na mesma Praza de España -Porta Nova- para debater, suxerir e formular propostas  nunha asemblea participativa cara a unha cidade mellor.

Ferrol, a 19 de Marzo de 2012.

A Comisión de Control
comision.gap@gmail.com
www.participacion-ferrol.blogspot.com

Foto tirada do Blogue:
http://tomaxculo.blogspot.com.es/
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon