Por Manuel Cendán [*]
27.03.2012
Asistimos á constatación de que a crise é xeneralizada e afecta tamén á propia xustiza. Os ferroláns somos testemuñas do xuízo contra oito mariscadores, que xunto con centos de persoas en maio de 2007 protestaron en defensa da ría, fronte á entrada ilegal dos buques de GNL con destino a Reganosa.
Estes mariscadores son xulgados, mais son as primeiras vítimas, e quizais resalte o papel da fiscalía, que evidentemente non está sendo tan eficaz en sacar á luz os escándalos políticos e económicos dese fracaso que supón a planta de gas, en Punta Promontorio.
A redución final a un número moi pequeno de persoas acusadas, por parte da fiscalía é a evidencia da propia debilidade procesal do xuízo. Todo o mundo en Ferrol sabe da convocatoria feita nese día polo Comité Cidadán, e da participación de coñecidos dirixentes sociais, sindicais e políticos. Pretenden dar un escarmento aos mariscadores? Pois erran. Nestes tempos non é tolerable a volta dos xuízos políticos.
Alén do caso, compre unha profunda reforma que traia unha fiscalía independente do poder político e que a única presión sexa a democrática dos cidadáns. Tamén, a soberanía reside no pobo; e cando os poderes públicos son desafectos coas súas obrigas de defensa da súa sociedade, esta ten o dereito de rebelión. Algúns esquecen que o actual Estado democrático de Dereito, nace dos descamisados que derrocaron ao poder despótico.
[*] Manuel Cendán, é directivo da A.C. Fuco Buxán
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
27 de março de 2012 16:41
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon