sábado, marzo 31, 2012

Incendio no concello d'A Capela que afecta a unhas 200 hectareas nas Fragas do Eume

Tags


Hoxe pola tarde Ferrol cubría-se dun fume denso, o Sol tapizaba-se de gris, trataba-se do fume dun incendio forestal que tiña a súa orixe no concello d'A Capela, na Fragas do Eume, pasadas as tres da tarde. Segundo un informe da Consellería do Medio Rural e do Mar a situación dos lumes con datos recollidos até ás 20:00 horas, o lume afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, a unha superficie de arredor de 200 hectáreas. Houbo que evacuar a máis de 200 persoas.

"Continúa activo o lume forestal rexistrado no concello coruñés da Capela, na parroquia homónima. Neste incendio a Xunta decretou, como medida preventiva, o “Nivel 1”, pola súa proximidade a vivendas. Para coordinar os medios humanos e persoais, e seguindo o Plan de loita contra os incendios forestais (Pladiga), Medio Rural e Mar propuxo este activación de “Nivel 1” como medida preventiva. O “Nivel 1” é un concepto referido a aqueles incendios que, estando baixo o control dos medios de extinción da Xunta previstos no Plan da Comunidade Autónoma, poidan, pola súa posible evolución, requirir da posta en práctica de medidas para a protección das persoas non relacionadas coa extinción e dos bens distintos dos de natureza forestal que se poidan ver ameazados polo lume" .

"O lume comezou ás 15:16 horas desta tarde. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada sitúase arredor das 200 hectáreas. Os medios que traballan na súa extinción son 1 técnico, 4 axentes forestais, 5 brigadas, 4 motobombas, 2 palas, 5 helicópteros e 4 avións. Tamén foi solicitada a incorporación de efectivos da Unidad Militar de Emergencias (UME)" |Infome Consellaría - 31.03.2012 20:00 horas|.

O incendio que comezou na contorna das Fragas do Eume, obrigou a desaloxar ás persoas que visitaban o Mosteiro de Caaveiro. Ademais, foron varias as casa que houbo que desaloxar, segundo diversa fontes son enter 200 e 300 persoas as afectadas. Noticias de axencia sinalaban que "o lume saltou o río Eume", e que "as chamas afectan tamén ao municipio de Monfero". Foi decretado o nível 1 de alerta por incendios, desde esta tarde como medida preventiva, segundo informou Medio Rural.

"O nivel 1 refírese, segundo recorda a Xunta, a aqueles lumes que estando baixo o control dos medios de extinción, poidan pola súa evolución requirir da posta en práctica de medidas para a protección das persoas non relacionadas coa extinción e dos bens distintos dos de natureza forestal que se poidan ver ameazados polo lume". As redes sociais están a tope co asunto do incendio nas Fragas do Eume, até chegou a estar por moito tempo no nº1 do Trending Topics.

Até hai alguns medios que comezan a sinalar a zona do incendio coa coincidencia da pretendida explotación mineira na zona de Pico Vello, dunhas minas de andalucita.

Galería Fotográfica de Susete'70.

Foto de Kiko Delgado.

______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon