xoves, marzo 15, 2012

Jorquera pregunta ao presidente do goberno sobre o rexime fiscal do naval na Unión Europea - Vídeo - Chegan a pé a Compostela os traballadores do naval de Ferrol, en demanda de carga de traballo


http://youtu.be/4JTEfJ-kpv8


Francisco Jorquera [*], deputado do BNG no Congreso, pregunta a Mariano Rajoy sobre o rexime fiscal do naval na Unión Europea.

[*] Francisco Xesús Jorquera Caselas, naceu en Ferrol o 31 de agosto de 1961. Deputado da IX e X lexislaturas. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Residente na Coruña. Inicia a súa militancia no nacionalismo galego no curso 1978-1979 na organización estudantil ERGA, ...
|Máis Info|

Fonte: Canle da tlvbng

O que a Moncloa di sobre a Sesión de control en el Congreso do 14 de Marzo:
La Moncloa.


Chegan a pé a Compostela os traballadores do naval de Ferrol, en demanda de carga de traballo - Contra as 10:30 horas deste xoves xuntaranse na explanada do estadio de San Lázaro desde onde irán en manifestación até San Caetano

Contra as 19:00 horas entraban en Compostela os máis dun cento de delegados e delegadas de Navantia Fene-Ferrol e das auxiliares que participaron na marcha a pé que saíu onte da Coruña. Logo de pasar a noite no Monte do Gozo, mañá xoves uniranse aos compañeiros e compañeiras que chegarán en autobuses contra as 10:30 horas da mañá, para saír en manifestación até o edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, onde unha representación do persoal agarda manter un encontro co Conselleiro de Industria.

|Máis Info en Avantar|
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon