Numerosos actos no Día Internacional das Mulleres realizaron-se por todo o mundo, probabelmente foron miles, sindicais, veciñais, institucionais, ..., moitos nexos comúns nun enlace mundial na loita pola igualdade, na loita contra a pobreza, na loita contra a discriminación, na loita contra a violencia. Mesmo neste sitio de Ártabra 21, publicamos as declaracións da asociación "Nuestras Hijas de Regreso a Casa", encargada de documentar os feminicidios na mexicana Ciudad Juárez, en Chihuahua, ao norte de México. Moitas celebracións desde a dereita rancia de palabras de falsa solidariedade e de políticas reais contra os intereses das mulleres pola igualdade, palabras "solidarias" e de "condenas da violencia machista", que logo na práctica política tornan-se hipócritas e de retroceso en dereitos imprescindíbeis tan só hai uns meses.
Desde a Marcha Mundial das Mulleres dixeron que "a estafa que chaman crise económica, xunto a gobernos que lexislan contra os dereitos das mulleres afianzan o machismo e a desigualdade", ... desde "O Mundo que temos", foron-se relacionando o conxunto de medidas antisociais, o afianzamento do integrismo relixioso e as posturas misóxinas da xerarquía católica, os recortes de dereitos, ... até desde "O mundo que queremos", postulou-se por frear o avance do machismo e a desigualdade coa unidade, a loita e a solidariedade, clamando-se polo feminismo máis que nunca. [Acceder e baixar o interesante Comunicado] .
A Marcha convocaba varios actos en diferentes lugares da Galiza. Moitas persoas achegaron-se á Praza do Cantón de Ferrol, para participar nun 8 de Marzo, de loita feminista, reivindicativo, onde mulleres de todas as idades denunciaron, reivindicaron e manifestaron que estaban en loita polos seus dereitos, nun acto, de entre centos, dos organizados pola rede feminista internacional Marcha Mundial das Mulleres.
Ao final do acto fixo-se un chamamento para Participar na Manifestación Nacional do vindeiro Domingo 11 de Marzo en Santiago de Compostela, ás 12 do mediodía na Estación de Trens.
As fotos son de Susete'70
--
Para contactar coa Marcha nesta Comarca:
Marcha Mundial das Mulleres
Coord. Ferrolterra: 696732735
Comunicaçom: 698159764
http://www.feminismo.info
"PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA"
Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.
Enlaces de interese:
- Web da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
- Web internacional da Marcha
- Web da Terceira Acción Internacional
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon