Este 11 de Marzo de 2012, foron miles as persoas que saíron á rúa en Ferrol, convocados polas centrais sindicais, CCOO, UGT e USTG, para protestar contra a reforma laboral do dereitista partido popular que goberna tanto en Madrid, como tamén en Compostela e Ferrol. “Non á reforma laboral: inxusta cos traballadores; ineficaz para a economía e inútil para o emprego” era un dos lemas principais cos que se manifestaban as miles de persoas en Ferrol, como no resto da Galiza (pois tamén houbo manifestacións na Coruña, Santiago, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo) e en máis de 50 cidades do, polo de agora, Reino de España.
A noticia nalgúns medios de comunicación:
Diario de Ferrol
Miles de persoas secundaron a manifestación de CCOO, UXT e USTG contra a reforma laboral
La Voz de Galicia
Miles de persoas volven á rúa para protestar contra a reforma laboral
De Luns a Venres - El Progreso - Galicia-e
Os secretarios xerais de CC OO, Ignacio Fernández Toxo, e de UXT, Cándido Méndez, chamaron hoxe á participación na folga xeral do 29 de marzo e reiteraron ao Goberno que se senta a negociar pode desactivar a convocatoria
* * *
Centrais Sindicais
- Central Obreira Galega - COG
- Confederación Galaica da - CNT/AIT
- Confederación Intersindical Galega - CIG
- Confederación Unitaria de Traballadores - CUT
- Confederación Xeral do Traballo en Galicia - CGT
- Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - CCOO
- Unión Xeral de Traballadores en Galicia - UGT
- Unión Sindical de Traballadores Galegos - USTG
Confederacións Internacionais
- Federación Sindical Mundial - FSM
- Confederación Sindical Internacional - CSI
- Asociación Internacional dos Traballadores - AIT
- Global Unions
- Confederación Europea de Sindicatos - CES
Outras centrais sindicais de interese
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon