sábado, marzo 17, 2012

Novas en Radio Fusión

Foucellas e Manuel Vilar
Sociedade 17/03/2012
Ocorreu hai 60 anos. En marzo de 1952 detiveron a Foucellas en Oza dos Rios. Con él estaba, Manuel Vilar Arnoso, Manoliño, home de Fene, natural do Sartego. Segundo veciños da zona, era carpinteiro e traballaba en Bazan. Fora despedido do estaleiro con ocasión da folga do aceite en 1946. Entraron en contacto con el e botouse ao monte coa guerrilla antifranquista.
|Entra en Radio Fusión|

A toupiña ensínalles aos nenos as estacións
Patasdepeixe edita en galego as historias do “Mickey Mouse do bloque comunista”
Cultura 17/03/2012
A toupiña Krtek, que o checo Zdeněk Miler creou a finais dos anos 50 para que o bloque comunista tivese un Mickey Mouse de seu, fala galego grazas a Patasdepeixe Editora. “Decidimos rescatar este personaxe tenro e entrañable que nunca se editara na Península”, explica Laura Sáez Fernández, quen destacou tamén nos micrófonos de Radiofusión o aspecto “retro e vintage” da ilustración. “Publicamos a serie da toupiña nun formato cartón para que os nenos, ademais de ler, poidan xogar”, engade.
|Entra en Radio Fusión|


A Xunta propón solucionar o problema das preferentes a través dun laudo arbitral
Institucional 16/03/2012
A Xunta propón un laudo arbitral para que as persoas afectadas polas participacións preferentes e as entidades financeiras se poñan de acordo na súa devolución. “A proposta que facemos como comunidade autónoma é a posibilidade de solucionar estes conflitos vía extraxudicial, a través da arbitraxe, a través dun laudo arbitral que ten forza de sentenza xudicial”, aseverou o presidente Alberto Núñez Feijóo, remarcando que o Executivo autonómico está a traballar e seguirá traballando nesta materia no ámbito das súas competencias, que tan só afectan “ao ámbito do consumo”. Segundo explicou Feijóo tras o Consello da Xunta, para isto “é necesario, primeiro, que as entidades acepten este procedemento” e, segundo, “que tamén os clientes afectados o acepten”.
|Entra en Radio Fusión|

“Equipo de investigación: Multimillonarios” (Antena 3, 00:15 h.)
Sociedade 16/03/2012
Dende que o lin un día nunha revista, xa non o podo esquecer. Por mor dunha investigación policial tiveron que exhumar o cadáver a medio corromper da vedette francesa Lolo Ferrari. Alí, baixo terra, estaba o corpo en descomposición agás polos seus peitos de tres quilos de peso, os máis grandes do mundo, aínda desafiantes en toda a vizosa exuberancia da silicona non biodegradable. Nunca se representou mellor a traxedia do postizo. Velaí un síntoma da tolerancia ás inxeccións artificiais que desenvolvemos dende que aceptamos que neste mundo o diñeiro é un valor absoluto: sexa para o que for, canto máis mellor. Se é para poñerse unha manolas descomunais, ok. Se é para fichar aos mellores futbolistas do mundo para o equipo do noso barrio, tamén ok. Se de Carballo a Sidney xa case non se pode mercar outra roupa que non sexa a de Inditex, porque non deixar que pase o mesmo cos nosos clubs amados? Foi así, a golpe de presentación estelar de mediapuntas, como España asumiu o mundo musulmán como non o facía dende os tempos de Almanzor.
|Entra en Radio Fusión|

Jordi Calvo (Centre Delàs): “A banca pode decidir que armas se producen”
Sociedade 16/03/2012
O BBVA é “o segundo do mundo en dar crédito ás empresas de armas”. Así consta no informe que o Centre d'Estudis per la Pau Josep Manuel Delàs vén de publicar co título “A banca armada. Investimentos explosivos de bancos e caixas”. O seu autor, Jordi Calvo, explicou en Radiofusión que os bancos “armados” son aqueles que “dedican parte relevante do seu negocio ao sector da industria das armas”. O principal no Estado é o BBVA, a cuxa xunta anual de accionistas acudiron esta mañá os pacifistas para reclamarlle que abandonen ese negocio.
|Entra en Radio Fusión|

Radiofusión é a programación común elaborada polas Emisoras Municipais Galegas desde unha perspectiva local, con vocación pluralista e comprometida con Galiza, ...

Na nosa Comarca no 107.7 da FM ou a través da Rede, Rádio Fusión - Radio Fene, Rede de Emisoras Municipais da Galiza.
 Máis Información 

Enviado por:
Radio Fusión
radiofusion@radiofusion.eu
17 de março de 2012 08:49
________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon