Na asemblea celebrada hoxe día 16 de marzo do 2012 ás 20 horas nos locais do consultorio médico da Graña, e convocada polas AA.VV. de : A Graña, A Cabana, Brión e Serantes ademais da plataforma pola defensa da sanidade pública de Ferrol:
Os veciños/as asistentes decidiron despois da votación na asemblea as seguintes propostas:
Dar por rematado o peche indefinido dos usuarios/as do consultorio MEDICO da Graña por:
Despois de máis de 15 días de peche indefinido e por razón humanitarias e ao constatar diversos problemas de saúde das persoas moitas delas cunha avanzada idade, que mantiñan o peche, como alteración das patoloxías que xa viñan padecendo hipertensión, diabetes, etc. que se viron alteradas por mor do peche (non seguir un proceso regulamentado de comidas, exercicio físico, etc.) ademais dos procesos de estres, ansiedade, etc, aconsellan proceder a dar por rematado o peche ininterrompido e facer unha vixilancia activa dos recursos materias para que non sexan trasladados a outras dependencias. Sempre trasladamos a opinión pública que estaríamos ata que o corpo aguantase pois a saúde das persoas é o máis importante.Continuar a demandar a consulta de medicina e enfermaría como se viña desenvolvendo nos últimos 70 anos, no consultorio da Graña coa presenza física do médico e enfermeira.
Continuar coas mobilizacións e outras iniciativas diante do Defensor do Pobo, a Xerencia de Área Sanitaria e do Concello de Ferrol para que se desenvolva a actividade sanitaria no Consultorio da Graña, que por dereito e por xustiza coa presenza dun profesional médico da familia corresponde na actuación dende 1940 neste consultorio polo SERGAS.
Avaliar como positivo a decisión de non pechar as instalacións modernas do consultorio da Graña e de darlle utilidade ao investimento feito na adecuación para desenvolver actividade sanitaria, cunha utilidade para os veciños durante toda a semana.
Agardamos que os procesos e programas de enfermaría a desenvolver os luns, mércores e venres, polo SERGAS de 12 a 14 hrs. e actividade os martes e xoves de 12 a 14 hrs, polo Concello de Ferrol, axude a paliar as deficiencias de non contar cun médico de familia para exercer a súa actividade no consultorio da Graña a unha poboación de preto de 800 usuarios/as e cunha porcentaxe dun 35 % de maiores de 65 anos ademais da dispersión xeográfica no que moitos núcleos de poboación non dispoñen de servizo de transporte público axeitado.
Avaliamos como insuficiente a proposta feita no seu conxunto polo Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ferrol, ata conquerir que se repoña a consulta médica na Graña, e seguiremos a demandar das administracións competentes unha resolución satisfactoria ao conflito xurdido por un erro da Consellería de Sanidade da que os usuarios/as sofren ás consecuencias “os erros da administración xamais deben prexudicar aos cidadáns”.
Agradecer a todas persoas e entidades que amosaron a súa solidariedade coas persoas que mantiñan o peche e defenderon ás súas iniciativas, manifestacións, concentracións é manifestaron o seu rexeite aos recortes sanitarios como dificultar o acceso ao sistema sanitario no nivel máis básico “a accesibilidade ao médico de familia en atención primaria”, e comunicarlles a todos e todas que a loita continúa ata conquerir unha solución ao conflito que só ten unha solución “repoñer a actividade asistencial sanitaria no consultorio da Graña con profesionais de medicina de familia é enfermaría".
Aos usuarios da Graña, Brión, A Cabana e Serantes poderán intentar recortarlles os servizos sanitarios pero xamais poderán as administración públicas quitarlle a súa dignidade polo que seguirán a demandar o que por dereito e xustiza lle corresponde e ademais estarán moi vixiantes do cumprimento das actuacións sanitarias e socio-sanitarias indefinidas no tempo a desenvolver polo SERGAS e o Concello de Ferrol para que se cumpran os proxectos prometidos de atención aos cidadáns da Graña e o seu entorno e manifestar que a pesar da avanzada idade de moitos usuarios/as saberán recoñecer no futuro a quen tiveron da súa parte nesta loita, e quenes amosaron por acción ou omisión compracencia co peche do consultorio.
A Graña, a 16 marzo 2012.
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
17 de março de 2012 08:31
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon