CONCENTRACIÓN EN ESTEIRO,
NA PRAZA DO HIMNO GALEGO
MARTES 3 DE ABRIL, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA DO HIMNO GALEGO
MARTES 3 DE ABRIL, ÁS 7 DA TARDE
O "Catalunya Spirit", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 3 de Abril de 2012. Esta entrada, supón xa a 115, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Martes, ás 7 da Tarde, desta volta a Concentración terá lugar no barrio ferrolán de Esteiro na Praza do Hino Galego. Ademais da denuncia e protesta quere-se difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.
[Saíndo de REGANOSA (Mugardos) o 17 de febreiro de 2011 pola tarde . . . . Autor: Señalero]
Características do buque.
Denominación: LNG "Catalunya Spirit" - Bandeira: España - Eslora: 264 m - Manga: 42.5 m - Calado: 12m, Capacidade: 138.000 m³
O LNG "Catalunya Spirit", en febreiro do 2008, levando 93.000 toneladas de gas desde Trinidad Tobago a Bostón quedou á deriva por problemas na computadora que xestiona os seus motores, nas costas de Massachussets, frente ao Cabo Cod [+ info]
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
2 de abril de 2012 13:15
---
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon