martes, abril 03, 2012

En Ferrol como en toda Galiza tivo lugar unha concentración en defensa das Fragas do Eume baixo o lema 'Lumes Nunca Máis - #SOSFragasDoEume" - Xuntanza para contistuir a Plataforma en Pontedeume - Vídeo In Memoriam

Tags


Convocadas a través das redes sociais, centos de persoas foron-se achegando até a Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal. Moitas das persoas concentradas, sostiñan entre as mans pequenos cartaces que facían referencia ao ocorrido nas Fragas do Eume, pedindo a dimisión de Feijóo, ou denunciado os recortes. "A Xunta de Galicia recortou 20 millóns de euros en prevención e 7 millóns de euros en extinción de incendios", "Con recortes na prevención temos esta desolación", "Non aos recortes na prevención de incendios", "Feijóo Dimisión!", ... así até un cento de cartaces con lemas similares. A concentración transformou-se nunha asemblea a micrófono aberto, onde varias persoas interviñeron para mostrar a súa repulsa a tanta desolación. Entre elas o Alcalde de San Sadurniño, Secundino Garcia Casal que lembrou que no noso País a xente mala non é máis que noutro calquera, senón que as verdadeiramente malas son as políticas forestais do actual goberno dereitista da Xunta que arrasou cunha política forestal que puña os alicerces da recuperación do monte galego, de importantes políticas de prevención e de boa xestión coas UXFOR, derogadas polo goberno Feijóo. Tono Mesejo lembrou a historia dos montes comunais do Cha de Brión roubados pola ditadura fascista á veciñanza e reivindicou o protagonismo do traballo comunal na defensa do monte. Mais tamén aproveitou para reivindicar a devolución dos montes do Cha a súa lexitima propietaria: a veciñanza. No transcurso da Asemblea Aberta, leu-se o comunicado unitario feito público polas organizacións ecoloxistas ADEGA, SGHN e Verdegaia.


En Pontedeume


A organización social unitaria comezaba a conformar-se a uns 15 Km de Ferrol, noutra praza no concello de Pontedeume, onde centos de persoas intentaban constituír unha "Plataforma en Defensa das Fragas do Eume".

A próxima xuntanza é maña martes 3 de Abril, ás 20,00 hora na sede do Colectivo da Terra na Urbanización Boa Vista nº 8 (rua Porto con Avda Doutor Villanueva) de Pontedeume -Na estrada de Perbes-.


Último Informe da Xunta |02.04.2012|

Controlado o incendio forestal rexistrado no municipio coruñés da Capela | Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é dunhas 750 hectáreas, das cales aproximadamente unhas 370 corresponden ás áreas de maior interese de conservación das Fragas do Eume. |Informe|


Concienciarnos para concienciar
.

En AtlantisMultimediaMP gravamos estas imaxes nas "Fragas do Eume" no verán do ano 2004. Sabiamos entón que máis que un documental estabamos facendo un documento.

Un documento que nos recorda o que eran as Fragas.

Un documento que nos chama a ser cidadáns activos na posta en valor dos nosos recursos forestais.

Un documento que nos fai preguntar e eu que podo facer?

Enviado por AtlantisMultimediaMP en 02.04,2012



http://youtu.be/UFKrZ7Pk--s
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon