domingo, abril 29, 2012

Cando a xustiza converte-se en protectora dos racistas - Solidariedade con Roberto Malini e Darío Picciau



Moitos de vós coñecedes da existencia de Roberto Malini. É un loitador incansable. Roberto Malini é o noso amigo, o noso irmán, o noso aliado. E dentro de dous días verase ante un tribunal en Pesaro (Italia). E xunto a el igualmente comparecerá Darío Picciau. Outro gran activista que desde a plataforma “Everyone Grup” dan a cara en defensa dos xitanos e de calquera cidadán que sexa vítima do odio racial ou da discriminación social.

Pídovos que leades as liñas que seguen. Son un grito valente e comprometido contra unhas autoridades que exercen a súa función sen respecto algún aos máis elementais dereitos que son inherentes á dignidade de calquera ser humano. Lede as palabras de Roberto que reflicten con absoluta claridade o calvario polo que están pasando moitos irmáns os nosos na Italia que deixaron en herdanza políticos racistas para os que parece que o tempo non pase.

Juan de Dios Ramírez Heredia [*]


Treviglio (BG), 22 de abril 2012


Queridos irmáns, dámosvos grazas polo voso apoio. Levamos moitos anos traballando pola xustiza social e perséguesenos por defender os dereitos dos xitanos e por pedirlle ás institucións e ás autoridades que respecten os seus dereitos. Queremos ser un símbolo de todos aqueles que son expulsados, acusados de forma ​inxusta e reprimidos sen ningún tipo de culpa.


En Italia, a policía comete abusos e incrimina aos romà con falsas acusacións. Aplícanselles sentenzas inxustas e, a miúdo, terminan no cárcere sen cometer ningún delito. Os tribunais de menores e os servizos sociais arrebátanlle os nenos ás súas nais e danllos en adopción a familias italianas. Non se axuda ás comunidades pobres e marxinadas, senón que se lles expulsa brutalmente. Moitos hospitais néganse a atender ás persoas xitanas, e os políticos difaman á comunidade xitana para obter o favor dos cidadáns.


Pero nós sabemos a verdade e seguiremos dedicando as nosas vidas a defendela. Prometémosvos que non nos deterán. Seguiremos alzando a nosa voz para denunciar os abusos en contra dos nosos irmáns e irmás xitanos. recibimos ameazas, acoso policial e xudicial, e intimidación por parte de grupos políticos e racistas. Nós non somos violentos pero dispoñemos de armas moi poderosas: a verdade, a xustiza e os nosos ideais de irmandade. Non nos deterán.


A poboación xitana sofre unha persecución real na Unión Europea. Non podemos aceptar esta violación continua dos dereitos humanos. En Italia, o odio contra os xitanos é tan forte que tamén nos afecta a nós, os defensores dos dereitos humanos.


O 27 de abril o gran activista Darío Picciau e eu debemos defendernos ante un xuíz no terrible Tribunal de Pesaro. O noso crime? Ningún. Simplemente, proporcionamos axuda humanitaria a tres novos xitanos, mentres que un policía ameazábanos e insultaba aos romà. Con todo, esta non era a primeira vez, xa que en Pesaro os políticos, os xuíces, a policía e moitos cidadáns levan a cabo acciones para obrigarnos a abandonar á comunidade xitana local. En Pesaro, moitos xitanos sufriron abusos incribles e acabaron no cárcere sen culpa. Nós acudiremos ante o Tribunal con orgullo e levaremos unha camiseta coa imaxe de Gandhi e o lema: “Os dereitos humanos son o pan do mundo”. Presentarémonos ante os inxustos xuíces de Pesaro con coraxe e orgullo, para representar a todos os xitanos que son e foron perseguidos.


Roberto Malini


Copresidente do Grupo “EveryOne

Se queredes podedes manifestarlle a Roberto a vosa solidariedade. Podedes escribirlle, pois entende-o perfectamente. Esta é a súa dirección electrónica:

roberto.malini@everyonegroup.com

24 de abril de 2012



Unión Romaní
http://www.unionromani.org/
u-romani@pangea.org

[*Juan de Dios Ramírez Heredia, Presidente de Unión Romaní, Avogado e xornalista.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@edu.xunta.es-
28 de abril de 2012 22:53
http://lupeces.blogspot.com/
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon