xoves, abril 05, 2012

Procesión do Santo Enterrro do Naval

Tags


A CIG-Metal escenificou onte a 'Procesión do Santo Enterro do Naval', no medio da das marchas do integrismo relixioso da chamada 'Semana Santa Ferrolán', a CIG na rúa denunciou a preocupante situación que viven os dous estaleiros da Ría. Delegados sindicais das empresas principais e compañías , xunto a "Asemblea de Desempregad@s - Non me chames parad@" e persoas doutros sectores, percorreron as rúas María e Real da cidade coa “Confraría dos desempregad@s”, levando 'o paso' dun buque que simbolizou o “Santo Enterro do Sector Naval”.

"Segundo comentou un dos responsables comarcais da CIG, Xesús Anxo López Pintos, a protesta pretendía “denunciar a situación que estamos a vivir nesta comarca, con tódolos nosos sectores produtivos baixo mínimos”. O responsable sindical referiuse en particular ao naval, o ámbito máis importante na economía da zona, e ao feito de que o dique flotante non reciba ningunha consignación nos Orzamentos Xerais do Estado. 'É a confesión do PP de que non estase a apostar por esa infraestrutura', sinalou" |Diario de Ferrol|.

Despois de percorrer as principais vías do casco histórico da Madalena a 'Procesión' rematou diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello.
_________________

No Blogue do autor das fotos Susete'70:
Santo Enterro do Naval, Semana Santa de Ferrol
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon