A raíz do incendio sufrido nas Fragas do Eume os pasados días, o programa de La 2 El Escarabajo Verde recupera o próximo domingo 8 de abril ás 13:45 horas a reportaxe “Unha mina en Pico Vello” no que se aborda o proxecto da creación dunha mina a poucos metros do Parque Natural Fragas do Eume.
A emisión da reportaxe é un bo momento para lembrar que as Fragas do Eume non só sofren as consecuencias dunha mala xestión forestal, que favorece a proliferación de eucaliptais e a incidencia dos lumes. Vénse tamén ameazadas pola autorización da Xunta de Galiza a proxectos como o enchido do oca da mina de As Pontes (detraendo auga do Eume e convertendo a mina nun lago con acusados problemas de acidez e presenza de metais pesados); o encoro no Eume, xestionado por ENDESA, que a día de hoxe non está a respetar o caudal ecolóxico no referido ás cantidades da agua que turbina, así como a acumulación de lodos tóxicos no seu fondo. Por último, salientamos a aposta da Xunta de Galiza por proxectos inviables e dañinos dende o punto de vista ambiental, social e económico no entorno das Fragas do Eume como a mina de andalucita no Lugar de Pico Vello.
Aproveitamos para pedir a todas aquelas persoas que visitan o Parque Natural das Fragas do Eume durante estes días que sexan moi coidadosas e que eviten en todo momento sairse dos camiños habilitados para non contribuir ao deterioro ou erosión daqueles lugares afectados polo incendio.
http://www.verdegaia.org/
ferrol@verdegaia.org
Enviado por:
ferrol@verdegaia.org
-ferrol@verdegaia.org-
6 de abril de 2012 12:42
______________Enlace relacionado:
http://picovello.blogspot.com.es/
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon