mércores, maio 23, 2012

En toda Galiza están convocadas mobilizacións contras as medidas do goberno dereitista do PP que pretenden desmantelar a Sanidade Pública - En Ferrol a cita é para este Xoves 24 de Maio


CONTRA OS RECORTES E A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA

CONCENTRACIÓN
Xoves 24 de Maio ás 7 da Tarde
na Praza Amada Garcia
diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol


As medidas de recorte tomadas polo Goberno Central, coa complicidade da Xunta Galicia, introducen cambios fundamentais sistema sanitario público que atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade e o carácter redistributivo da Sanidade Pública, supoñen o inicio dunha contrarreforma sanitaria.

Coas medidas aprobadas, o Partido Popular:

1º.-  Acaba  co  sistema  sanitario  universal  como  un  dereito  básico  da  cidadanía  e introduce un modelo de aseguramento no que para ter dereito á asistencia sanitaria no marco da Sanidade Pública  hai que ser “asegurado”, deixando fóra aos que non reúnan esa condición.

2º.- Deixa fóra da atención sanitaria aos inmigrantes non regularizados, colectivo  en diminución pola crise,e que realiza un escaso uso dos servizos e un reducido gasto sanitario. A desculpa do “turismo sanitario” non pode xustificar a perda do carácter universal do dereito á asistencia sanitaria. Tamén deixa fora aos maiores de 26 anos que non teñan “cotizado”.

3º.- Reduce a oferta de servizos da sanidade pública, crea tres grupos de servizos e introduce o  copago (repago) en servizos esenciais  como a prestación farmacéutica,  ortoprotésica, a prestación con produtos dietéticos e o transporte sanitario non urxente(diálise, rehabilitación, quimioterapia, etd). Creaunha Carteira  común de  servizos accesorios, que pode ser financiada co copago ou a través de aseguradoras  privadas. Os recortes nos servizos afectarán especialmente ás mulleres.

4º.- Establece un sistema de copagos que afectan esencialmente aos pensionistas e enfermos    crónicos,    dificultando    o    acceso    a    medicacións    e    prestacións    sanitarias indispensables para a súa saúde, converténdose nun novo imposto á enfermidade.

5º.-  Inclúe  un  novo  “medicamentazo”  xa  que  anuncia  a  retirada  das  prestacións farmacéuticas  da  carteira básica, incrementando o copago, e retira medicamentos moi usados do financiamento público.

6º.- Incorre en intromisións graves nas competencias da Xunta de Galicia, limitando a súa capacidade de organización da asistencia sanitaria, tal e como recolle o Estatuto de Autonomía.

7º.- Cambia as condicións laborais do persoal da sanidade pública, diminuíndo o seu número e precarizando as súas condicións de traballo, coa conseguinte perda de calidade no servizo prestado.

8º.- Privatiza a xestión de áreas sanitarias, hospitais e centros de saúde, encarecendo o servizo e empeorando a súa calidade.

---

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
23 de maio de 2012 08:42

____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon