Con motivo do Dia Mundial dos Océanos, 8 de Xuño de 2012, realizaranse no mundo diversos actos relacionado con tal día.
Dende Adega tense pensado diferentes iniciativas, con unha limpeza simultánea de praias, en toda Galiza, no Día Mundial dos Océanos 2012.
O venres 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. Con tal motivo, ADEGA convoca a todas as entidades interesadas a unirse nun evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña. Este día diferentes grupos de toda Galiza, participarán na limpeza simultánea de praias, nas tres provincias costeiras. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares estades chamados a limpar as nosas praias e denunciar os graves problemas ambientais do lixo nos mares.. e na nosa comarca, temos pensado facer, entre outras cousas, unha limpeza na Praia de Caranza.
A cita é nas inmediacións da Ermida de Caranza o venres 8 de Xuño, as 5 da tarde, para limpar a Praia. A acción terá lugar perante unhas dúas horas. Aberta á participar, colaborar, facer algunha actividade complementaria, ... a toda a cidadanía.
O contacto para colaborar é Xandro, | @mar_abaixo |facebook.com/xandro.garcia | Mallando na e-ira |, no telefono 660839493 e correo-e babor6@gmail.com
ADEGA-FERROLTERRA
adegatrasancos@adega.info
http://adega.info/
Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
30 de maio de 2012 18:14
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon