xoves, maio 31, 2012

Alcampo impide o dereito á información reprimindo o reparto de follas informativas en defensa da sanidade pública



A marca francesa "Alcampo" desaloxa a membros da "Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol" que estaban repartindo follas informativas da citada Plataforma.

Onte, martes día 29 de Maio, varios membros da "Plataforma en Defensa da Sanidade Pública" repartían ás portas do hipermercado Alcampo, no exterior, información da Manifestación do vindeiro domingo 3 de xuño en Compostela : Contra os recortes e privatizacións na Sanidade Pública.

A eles/as achegáronse membros da empresa de seguridade de Alcampo, que nunha actitude chulesca advertíronlles de que tiñan que abandonar as inmediacións propiedade da marca francesa, ou ían "arrepentirse délo" xa que estaban nunha propiedade privada.

Se nos paramos a pensar, caeremos na conta de que neste centro comercial nunca vemos xente pedindo unha esmola. Xa sabemos a que se debe, a unha política  feita por esta multinacional, que pretende facer ver que todo é "bonito" e que non hai xente necesitada que precise pedir nas portas dos Centros Comerciais.

Este feito sumase ao acontecido na xornada de Folga Xeral do pasado 29-M, na que o hipermercado solicitou a axuda da Policía Nacional para poder abrir pola tarde as portas do mesmo, como fai sempre que hai mobilizacións dos traballadores e traballadoras.
        
Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol queremos rexeitar o comportamento antidemocrático, represivo e ilegal da Empresa Alcampo que ademais se repite continuamente.

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol



Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
30 de maio de 2012 17:53

______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon