quinta-feira, maio 31, 2012

Nova concentración en Mercadona, desta vez en San Valentín-Fene, pola readmisión de Alberto, pola liberdade sindical - Hoxe Xoves 31 de Maio


Seguen as mobilizacións contra a represión antisindical en Mercadona, pola readmisión de Alberto, polo dereito á Folga.

Tras a Folga Xeral do 29M, foi represaliado o compañeiro Alberto que se atreveu a exercer o dereito á folga. A empresa nunha actitude represora despediu ao compañeiro, conculcando deste xeito un dereito fundamental á liberdade sindical. A loita pola readmisión de Alberto tamén é unha loita contra a burocracia sindical, contra o pactismo, contra o sectarismo, contra as actitudes que poñen por diante o burocratismo sindical, antes que a unidade de clase contra o Capital.

Son moitas as cousas que están en xogo nesta loita, é por iso de moita importancia a mobilización e a resposta unitaria, non permitamos que Mercadona impoña a súa política antisindical, respostemos como unha piña.

Despois das mobilizacións no Hiper de Mercadona d'A Gándara os pasados 4, 12 e 15 de Maio para esixir a readmisión de Alberto, as centrais sindicais, co apoio doutros colectivos sociais, convocan unha nova concentración para este xoves día 31 de Maio, mais desta vez a Concentración terá lugar no Hiper de San Valentín (Antiga barriada de vivendas de ASTANO), no concello de Fene. A cita ás 7 da Tarde.

A loita continua: Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga, en Defensa da da Liberdade Sindical, pola Unidade Sindical contra o Capital !

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Terceira Acción Obreira "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical", tivo lugar en Mercadona d'A Gándara, en Narón - Vídeos e Fotos: Unidade Sindical contra o Capital !
________________

1 comentarios so far

Mintirosos


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon