mércores, maio 09, 2012

O "Hispania Spirit", cargado con LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol para este Xoves 10 de Maio - Diante deste anuncio o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, o mesmo día, unha concentración sonora en Ferrol, ás 8 da Tarde na Praza do Himno Galego de Esteiro

Tags


CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO HIMNO GALEGO,
NO BARRIO DE ESTEIRO
ÁS 8 DA TARDE, DO XOVES 10 DE MAIO

O LNG "Hispania Spirit", un buque gaseiro de 279,8 metros de eslora por 43.4 de manga e un calado de 12,12; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Xoves 10 de Maio de 2012. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa o 119, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Xoves, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza do Himno Galego, no bairro ferrolá de Esteiro. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.

O LNG 'Hispania Spirit' achegando-se ao peirao de Punta Promontorio en Mugardos -28.02.2010 - Foto de Susete'70

  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de maio de 2012 19:22
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon