HOXE, SÁBADO 12 DE MAIO, ÁS 7 DA TARDE
CONCENTRACIÓN EN MERCADONA DA GANDARA
POLA READMISIÓN DE ALBERTO
EN DEFENSA DA LIBERDADE SINDICAL
NON Á REPRESIÓN SINDICAL
CONCENTRACIÓN EN MERCADONA DA GANDARA
POLA READMISIÓN DE ALBERTO
EN DEFENSA DA LIBERDADE SINDICAL
NON Á REPRESIÓN SINDICAL
O pasado 4 de Maio, unha importante, diversa, numerosa e participativa acción obreira contra a represión da liberdade sindical e en defensa dos dereitos fundamentais, tiña lugar dentro das instalacións de Mercadona n'A Gandara, no termo municipal do concello de Narón. O motivo era denunciar o despido de Alberto, traballador de Mercadona, un despedimento que, malia o que xustifica a empresa, en realidade debe-se única e exclusivamente a que o compañeiro exerceu o seu dereito á folga, participando na Folga Xeral do pasado 29M.
A política desta empresa cos traballadores e traballadoras, basea-se na filosofía expresada en numerosas ocasións polo seu presidente, o dereitista ultraliberal Juan Roig: máis traballo, máis dedicación á empresa, total sumisión e máis esforzo para ter contento ao Patrón. Se temos que personalizar o Capitalismo, o Sr. Roig é un dos mellores exemplos. Só hai que velo nas súas intervencións públicas de cal é o seu modelo social, supera o narrado por Eric Arthur Blair (George Orwell), na súa novela "1984", onde fai unha descrición estarrecedora da vida baixo a vixilancia constante do "Grande Irmán". O Sr. Roig (Mercadona) ten ao seu servizo unha lexión de encargados fieis que aplican a súa política e pregoan a súa filosofía nas máis de 70.000 persoas empregadas pola empresa modelo de submisión e terror. Facer que as traballadoras e traballadores se sintan controlados e atemorizados, baixo unha aureola de empresa modelo en todo e sobre todo no que respecta a súa política de persoal, submisión acompañada de primas e pequenas concesións, para evitar a organización do persoal empregado para a defensa dos seus intereses laborais, económicos e sociais.
Denunciar a actitude atemorizadora e represiva das grandes superficies comerciais e da alimentación
Despois da pasada Folga xeral do 29M, as centrais sindicais, acordaron unha campaña para denunciar a actitude atemorizadora e represiva das grandes superficies comerciais e da alimentación, contra os seus traballadores e traballadoras, sobre todo centrada en Alcampo, con reparto de follas de denuncia. O caso de Mercadona é un máis. Seis despidos nos últimos meses. O despido de Alberto, supón un ataque á liberdade sindical e un recorte de dereitos fundamentais. Mesmo ao delegado sindical no mesmo centro de traballo se lle ataca polo lado económico negando-lle o abono da "prima anual" que recibe o resto do persoal.
Unha vez máis, o Movimento #15M, dan mostra da súa elevada conciencia social e sentido da solidariedade
Hoxe é un día importante, na loita contra o Sistema Capitalista, por un outro mundo xusto, democrático, fraternal, diverso, solidario e igualitario, millóns de persoas están chamadas a mobilizar-se na chamada #PrimaveraGlobal, en máis de 2.000 cidades de 65 países sobre todo do chamado mundo occidental. En Ferrol está convocada unha mobilización xeral, na Praza do Concello, desde as 12 do mediodía. Ás 6 comezará a Asemblea Aberta, un cuarto de hora antes das 7, paralizaran a Asemblea para participar na concentración pola readmisión de Alberto, para máis tarde continuar a mesma. As compañeiras e compañeiros da Asemblea Local do Movimento #15M - #AcampadaFerrol, foron unha importante e numerosa parte da concentración realizada o pasado 4 de maio. Unha vez máis dan mostra da súa elevada conciencia social e sentido da solidariedade, en contraste coa actitude dalgúns dirixentes sindicais que non tiveron en conta a existencia desta importante mobilización global, á hora de convocar a concentración en Mercadona.
Desde Ártabra 21, cando denunciamos este atropelo ás liberdades sindicais, faciamos un chamamento á Unidade Sindical, contra o Capital. Hoxe volvemos apelar á conciencia de clase, para que os dirixentes sindicais sexan consecuentes e combatan unidos este despedimento que atenta contra os dereitos da Clase Obreira. O Movimento Obreiro desta Comarca ten-se que mobilizar como unha piña e conseguir a readmisión de Alberto.
Facemos un chamamento para participar, como o fixemos o pasado día 4 de Maio, membros de todas as centrais sindicais, para asistir á concentración convocada polas Centrais Sindicais e o Comité de Empresa de Mercadona, este Sábado 12 de Maio ás 7 da tarde frente o hipermercado d'A Gandara.
_________________
Enlaces relacionados:
Condenan a Mercadona por vulnerar a liberdade sindical dunha traballadora que se presentou na candidatura da CIG A sentenza declara a “nulidade radical da conduta da empresa” e ordena o pagamento da prima de 3.000 euros que denegou a empregada como represalia |Entrar|_________________
Piquete no Mercadona de Freixeiro (Narón) o 31/01/09. Enmarcado na xornada de loita pola readmisión d@s compañeir@s despedid@s no Mercadona de Compostela. www.cntgaliza.org - Vídeo |Entrar|
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon