Aínda non eran as 7 da tarde e xa ondeaban as bandeiras e autocolantes sindicais, USTG, UGT, CNT, CCOO, CIG... unha mostra de unidade, de solidariedade obreira deixando atrás convocatorias, protagonismos, sectarismos, que ás veces tinxen as burocracias sindicais. Porque esta mobilización merecía antepor as diferencias de política sindical, de siglas ou representatividade, para fortalecer a solidariedade co compañeiro represaliado por exercer o dereito á folga. Nun exercicio de comprensión colectiva da conxuntura política e sindical na que estamos, a manifestación obreira de solidariedade foi unha vez máis, e van tres, todo un éxito.
Eran as 7 da Tarde cando entramos polas portas do hipermercado do todo poderoso e dereitoso ultraliberal Juan Roig. Perante unha hora os berros de denuncia e protestas non cesaron, alguén quedou afónico ante tanta rabia contida, pola desvergonza do encargado, executor do despido, e fiel servidor do seu amo.
Desde Ártabra 21 achegamos unhas fotos e uns vídeos moi esclarecedores do que foi esta terceira mobilización obreira de unidade e loita contra o Capital.
A empresa ofreceulle a Alberto unha indemnización de 15.000 €, se aceptaba o seu despedimento, case 10.000€ máis do que lle correspondería por un despido improcedente. Mais o compañeiro, segue manifestando que o seu despedimento é un atentado contra a liberdade sindical, un despido radicalmente nulo, polo que se mantén firme en que só aceptará a readmisión. Mañá, 16 de Maio, terá lugar o acto de conciliación no SMAC, a próxima cita coa Empresa será no xuízo. Mais as mobilizacións continuarán.
Unidade Sindical contra o Capital !
Non permitamos que a burocracia sindical se instale nos nosos sindicatos !
A loita continua: "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical".
http://youtu.be/MyPg_A0Gxec
Fotos: Susete'70 e Ártabra 21.
Vídeo: Ártabra 21 .
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon