INFORMACIÓNS do Grupo Municipal de EU Ferrol
Ferrol, mércores 16 de maio de 2012
ESQUERDA UNIDA DEMANDA A READMISIÓN DAS PERSOAS DESPEDIDAS EN FIMO E A CONVOCATORIA URXENTE DUNHA XUNTA DE VOCEIROS PARA TRATAR A INXUSTIZA
EU RECLAMA A DEMISIÓN DO PRESIDENTE DE FIMO
O NOSO GRUPO MUNICIPAL PRESENTARÁ UNHA MOCIÓN RECLAMANDO A READMISIÓN DAS PERSOAS DESPEDIDAS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida vén de manter un encontro de traballo coas persoas despedidas manu militari en FIMO, cunha aplicación desa lei de excepción laboral que ditou o obediente Rajoy para satisfacer aos mercados. Despedimentos producidos con erros na tramitación e sen que ás persoas despedidas coñezan a motivación aducida para botalas fóra.
A nosa organización vén de rexistrar a petición dunha Xunta urxente de Voceiros para abordar a inxusta problemática creada pola mala xestión comercial de FIMO, que agora se carga unilateralmente sobre as costas da plantilla. Dada a posición de socio do concello, a alcaldía ten que tomar decisión e partido nesta problemática, ou coa autoritaria presidencia ou cos traballadores e traballadoras despedidas.
Esquerda Unida en congruencia coa análise antedita realiza a demanda formal de demisión do presidente de FIMO, que coa súa xestión non vén senón a agravar a situación de FIMO e que semella ao noso xuízo merecente de deixar a presidencia do organismo canto antes.
Yolanda Díaz e Javier Galán acordaron a presentación dunha moción para o vindeiro Pleno na que se afronte de xeito público a situación de inxustiza creada e que se lle fai pagar a plantilla de traballadoras e traballadores.
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
16 de maio de 2012 14:54
Prezadas/os amigas/os: remitimos un INFORMACIÓNS onde reclamamos a demisión do presidente de FIMO, Xoán Gato, e maila readmisión das traballadoras e traballadores despedidos, para o que imos presentar unha moción ao Pleno, xunto a petición urxente dunha Xunta de Voceiros para que se pronuncie o Goberno. Saúdos, Ramiro Marier.
_______________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Esquerda Unida
Esquerda Unida demanda a readmisión das traballadoras e traballadores despedidos na FIMO e a dimisión do seu Presidente Xoan Gato
mércores, maio 16, 2012
Esquerda Unida demanda a readmisión das traballadoras e traballadores despedidos na FIMO e a dimisión do seu Presidente Xoan Gato
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, maio 16, 2012
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon