Na foto: Alexis Tsipras. |
A Coalizón da Esquerda Radical (SYRIZA) é unha coalizón de partidos de esquerda na Grécia.
Liderado por Alexis Tsipras, defende o aumento dos impostos para os contribuintes con mais rendimentos, o adiamento ou anulazón dos pagamentos da dívida e cortes nos gastos da defesa. Tsipras, un dos mais novos políticos gregos, defende unha frente de esquerda anti-austeridade.
Nas eleizóns parlamentares de 6 de Maio de 2012, o SYRIZA conquistou 16% dos votos e 50 deputados, tornandose o segundo maior partido. O crescimento do SYRIZA - e, por outro lado, a entrada no parlamento de dous partidos de extrema direita - é considerada como unha manifestazón de protesto contra a política de austeridade seguida nos últimos anos.
Un resumo, en 40 puntos, do programa electoral do partido Syriza, favorito nas enquisas agora que se van a repetir as eleccións en Grecia.
- 1. Realizar unha auditoría sobre a débeda pública. Renegociar a súa devolución e suspender os pagos ata que se recupere a economía e volva o crecemento e o emprego.
- 2. Esixir á UE un cambio no papel do BCE para que financie directamente aos Estados e aos programas de investimento público.
- 3. Subir o imposto da renda ao 75% para todos os ingresos por encima do medio millón de euros anuais.
- 4. Cambiar a lei electoral para que a representación parlamentaria sexa verdadeiramente proporcional.
- 5. Subir o imposto de sociedades para as grandes empresas polo menos até a media europea.
- 6. Adoptar un imposto ás transaccións financeiras e tamén un imposto especial para os produtos de luxo.
- 7. Prohibir os derivados financeiros especulativos, como os swaps e os CDS.
- 8. Abolir os privilexios fiscais dos que goza a igrexa e os armadores de barcos.
- 9. Combater o segredo bancario e a evasión de capitais ao estranxeiro.
- 10. Rebaixar drasticamente o gasto militar.
- 11. Subir o salario minimo até o seu nivel previo aos recortes (751 euros brutos mensuais).
- 12. Utilizar os edificios do Goberno, a banca e a igrexa para aloxar ás persoas sen fogar.
- 13. Pór en marcha comedores nos colexios públicos para ofrecer almorzo e xantar gratuíto aos nenos.
- 14. Ofrecer sanidade pública gratuíta para as persoas desempregadas, sen fogar ou sen ingresos suficientes.
- 15. Axudas de até o 30% dos seus ingresos para as familias que non poden afrontar as súas hipotecas.
- 16. Subir as prestacións de desemprego para os parados. Aumentar a protección social para as familias monoparentais, os anciáns, os discapacitados e os fogares sen ingresos.
- 17. Rebaixas fiscais para os produtos de primeira necesidade.
- 18. Nacionalización dos bancos.
- 19. Nacionalizar as antigas empresas públicas de sectores estratéxicos para o crecemento do país (ferrocarrís, aeroportos, correos, auga…).
- 20. Apostar polas enerxías renovables e pola protección do medio ambiente.
- 21. Igualdade salarial para homes e mulleres.
- 22. Limitar o encadeamento de contratos temporais e apostar polos contratos indefinidos.
- 23. Ampliar a protección laboral e salarial dos traballadores a tempo parcial.
- 24. Recuperar os convenios colectivos.
- 25. Aumentar as inspeccións de traballo e os requisitos laborais para empresas que accedan a concursos públicos.
- 26. Reformar a constitución para garantir a separación Igrexa-Estado e a protección do dereito á educación, a saúde e a protección do medio ambiente.
- 27. Someter a referendo vinculante os tratados europeos e outros acordos de importancia.
- 28. Abolición de todos os privilexios dos parlamentarios. Eliminar a especial protección legal dos ministros e permitir aos tribunais ordinarios procesar aos membros do Goberno.
- 29. Desmilitarizar a garda costeira e disolver as forzas especiais antidisturbios. Prohibir a presenza de policías encubertos ou con armas de fogo nas manifestacións e mitins. Cambiar os plans de estudo dos policías para pór énfases nos temas sociais, como a inmigración, as drogas ou a exclusión social.
- 30. Garantir os dereitos humanos nos centros de detención de inmigrantes.
- 31. Facilitar aos inmigrantes a reagrupación familiar. Permitir que os inmigrantes, incluso os indocumentados, teñan acceso pleno á sanidade e a educación.
- 32. Despenalizar o consumo de drogas, combatendo só o tráfico. Aumentar os fondos para os centros de desintoxicación.
- 33. Regular o dereito á obxección de conciencia no servizo militar.
- 34. Aumentar os fondos para a sanidade pública até os niveis do resto da UE (a media europea é do 6% do PIB e Grecia gasta o 3%).
- 35. Eliminar o copago nos servizos sanitarios.
- 36. Nacionalizar os hospitais privatizados. Eliminar toda participación privada no sistema público de saúde.
- 37. Retirada das tropas gregas de Afganistán e os balcanes: ningún soldado fóra das fronteiras de Grecia.
- 38. Romper os acordos de cooperación militar con Israel. Apoiar a creación dun estado Palestino dentro das fronteiras de 1967.
- 39. Negociar un acordo estable con Turquía.
- 40. Pechar todas as bases estranxeiras en Grecia e saír da OTAN.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon