xoves, maio 31, 2012


Yolanda Díaz reclama outra actitude do Alcalde que, co seu comportamento de hoxe, non semella crible á hora de apoiar as demandas da plantilla de Navantia.

A presidencia da SEPI ten hoxe outra oportunidade, na comparecencia forzada por EU no congreso, para rectificar e anunciar que sí se vai contruúr o dique flotante.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida  denuncia o comportamento da alcaldía de Ferrol, que coa súa intransixencia e desdén pola masiva mobilización das traballadoras e traballadores de Navantia  acaecida no trancurso da mañán de hoxe, fura aínda máis na feble credibilidade da alcaldía desta cidade para defender os intereses xerais de Ferrol, que son coincidentes cos das reivindicacións da plantilla dos estaleiros públicos de Ferrolterra.   Tan unánime é o apoio ao naval público na nosa cidade que na pasada Folga Xeral, o pequeno comercio sumouse diante da situación excepcionalmente grave que atravesa o sector, sen que haxa resolución efectiva algunha dos gobernos do PP en Madrid e Compostela.

Yolanda Díaz reclámalle outra actitude ao alcalde, quen de dicirlle e reclamarlle aos seus correlixionarios de Madrid que basta xa de palabras baleiras  e que adiante cos compromisos e a carga de traballo que reclama con firmeza a plantilla e toda a cidade.  “Con palabras baleiras non comen os máis de mil despedidos na industria auxiliar nestes meses; con elas non ten arranxo a explosión de paro que previsiblemente se producirá en agosto”, sinala a Voceira do Grupo Municipal de EU. O alcalde ten que deixar de agocharse e encabezar unha reivindicación tan firme que vencelle o seu mantemento na alcaldía a resolución positiva das demandas formuladas polas traballadoras e traballadores. O que nos xogamos semella dunha magnitude tal (un sector naval público estratéxico para a vida de Ferrolterra) que autoriza esa relación.

Esquerda Unida lémbralle ao PP e a opinión pública, que a SEPI ten hoxe unha magnífica oportunidade para rectificar a súa culpable inacción: na comparecencia  do seu presidente, hoxe pola tarde no Congreso, comparecencia forzada por EU,  ten a potestade de RECTIFICAR e anunciar a construción do dique flotante.

O Grupo Municipal quere amosar a súa solidariedade e apoio á nova mobilización convocada polos sindicatos de clase para o domingo, 10 de xuño, coa tripla demanda de :
  • Carga de traballo xa.
  • Construción do dique flotante.
  • Eliminación de todas as limitacións á construción naval pública nos estaleiros da nosa ría.
A loita unitaria das traballadoras e traballadores en unión a unha cidadanía que sabe o moito que se xoga Ferrol nesta reivindicación pode gañar a batalla ao PP e preservar e ampliar a importancia que o sector naval público ten para a nosa terra. EU vai sumar os seus humildes esforzos nesa tarefa.

Ferrol,  mércores 30 de maio  de 2012

INFORMACIÓNS do Grupo Municipal de EU Ferrol

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
30 de maio de 2012 15:28

Prezadas/os amigas/os: envimaos un INFORMACIÓNS do Grupo na defensa das reivindicacións das traballadoras e tralladores de Navantia, que son coincidentes co interese xeral desta comarca e do noso país. Saúdos, amiro Marier

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon