Convocan unha 'Xornada de Loita Comarcal' "en resposta á dramática situación sociolaboral que vive a bisbarra, cunha taxa de desemprego das máis altas do estado, un tecido industrial cada vez máis feble, unha ría sen sanear e unha sector naval –principal motor económico da zona- en situación agónica, di a central sindical nacionalista e de clase".
Pasadas as 12 do mediodía de onte, 5 de Xuño de 2012, nos locais da CIG de Ferrol, tiña lugar unha rolda de prensa dos dous cosecretarios comarcais da CIG-Ferrol (Xesús Anxo López Pintos e Manel Grandal). O obxectivo era dar a coñecer, á opinión publicada a decisión da Dirección Comarcal da CIG, de convocar unha Xornada de Loita, para o vindeiro 28 de Xuño. Un "Día de Loita", foi como lle chamou Pintos. "Nós non somos un sindicato institucional, somos un sindicato de confrontación". "Nada de diálogo, este xa se acabou, ... estamos fartos de que nos enganen, con promesas que nunca se cumpren, ...", "... non queremos facer unha procesión", "... estamos nunha loita de clases".
Pintos fixo mención á situación da Comarca, o naval de fondo, EREs semanais, a loita dos traballadores e traballadoras de Einsa polos postos de traballo. E os 75 de Privilege de Narón que están agardando unha resposta da Xunta. E dedicou-lle especial atención ao desmantelamento do sector pesqueiro, lembrou que el foi mariñeiro, "as cofradias de Cariño e Cedeira son submisas ante o desmantelamento da frota pesqueira das vilas mariñeiras" dixo o sindicalista.
Cualificou, Pintos de "dramática" a situación que vive a Comarca, polo que hai que dar-lle unha resposta. O vindeiro 10 de maio, este domingo "estaremos cos compañeiros e compañeiras do naval" referindo-se á Manifestación Comarcal convocada polo Comités de Empresa de Navantia (Fene e Ferrol) e os delegados e membros dos comités de empresa das compañías auxiliares. O sindicalista da CIG definiu ao sector naval como "estratéxico para esta Comarca", engadiu. "se desaparece o sector naval, afundimo-nos todos".
Pintos, comentou que a intención da CIG era lograr a unidade de acción con CCOO e UGT e que, por este motivo, mantiveron xuntanzas, por dúas veces, con representantes das dúas centrais sindicais, propoñendo-lles a convocatoria conxunta dunha Folga Comarcal. A resposta das outras dúas centrais foi declinar sumarse á mesma, "manifestando que non o vían", comentou Pintos. Tanto Pintos como Grandal, reiteraron o seu chamamento á unidade e tamén ás bases destes sindicatos para que participen nos actos previstos. Mais Pintos foi máis alá, facendo un chamamento ás bases de CCOO e UGT, para que obriguen ás "cupulas das súas centrais a secundar o día de loita comarcal". Os sindicalistas manifestan que a CIG estaría disposta a cambiar a data se fora necesario, máis como máis tardar antes do 7 de Xullo, non deixa-lo para despois do verán como propoñen as centrais de ámbito estatal.
Grandal, sinalou a grave situación que se vai criar logo da botadura do buque australiano 'ALHD Adelaide', o vindeiro 4 de Xullo, falta menos dun mes. Vai ser un día significativo para esta Comarca, "... non nos queda mais remedio que nos mobilizar", "... nesta Comarca son necesarias políticas activas de emprego". Pola contra o que nos dan, "parecese a como facían cos enfermos na idade media", "... sacaban-lle o sangue", ... esta comarca xa non pode máis, languidece, "mais seguen a sacar-nos o sangue" o pouco que nos queda para seguir vivindo, o que necesitamos son "políticas activas de emprego", dixo o sindicalista.
Antes da celebración da rolda de prensa no salón de actos da CIG, realizaban unha asemblea un cento de delegados do metal que debatían sobre a situación nos estaleiros e as vindeiras mobilizacións. Quentaban os motores para os vindeiros días.
A Xornada de Loita Comarcal
Na súa intervención, Manel Grandal manifestou que a CIG solicitou formalmente a convocatoria de 5 horas de folga, para o citado 28 de Xuño, entre as 9 da mañá e as 2 da tarde. O día da Xornada de Loita Comarcal, a CIG promoverá un paro parcial de varias horas, para posibilitar varias marchas desde os polígonos industriais e comerciais, de Vilar do Colo en Fene, pasando por Navantia; e desde Río do Pozo, en Narón, pasando por Catabois e A Gándara, para rematar nunha grande Manifestación ás 12:30 horas. "queremos ocupar as rúas o maior tempo posible, ... non podemos permitir máis sangrías laborais" Grandal, lamentou non poder ofrecer aínda os cartaces e octavillas da convocatoria.
Valoración dos últimos datos do desemprego na Comarca
Unha xornalista pediu-lle aos dous sindicalistas que valorasen os últimos datos feitos públicos sobre o desemprego e máis concretamente sobre os datos referidos á Comarca que en concreto baixou o índice en 0,45 décimas, a media do Estado baixou en 0,63.
Os sindicalistas manifestaron que a baixada en varias décimas do índice de desemprego, non era significativo. É máis, consideraron que o mes de maio é un mes que normalmente o desemprego baixa. Mais debería ser, por norma, como pasa noutros lugares que a baixada fose no sector servizos, non sendo así na zona. Sendo no sector industria no que baixa, polo que o motivo pode ser que paradoxicamente sexa o naval quen provoca esta situación dun pouco máis de emprego, pois están contratando persoas para a construción da 'cama' sobre o que van trasladar o 'ALHD Adelaide' -referindo-se ao buque construído en Navantia que vai ser trasladado a Australia nun megabuque, (pois este buque vai-se rematar de construír nas antípodas de Ferrol) traballo para un par de meses.
______________
1 comentarios so far
A CIG bailando ao son que marca a UPG, desoíndo o que pensan os afiliados e afiliadas, aos que nunca lles preguntan nada, e destruíndo a posibilidade de unidade sindical para a acción conxunta.
Ata PINTOS se afiliou, de novo, ao BNG ( mellor haberá que chamarlle UPG).
Esa convocatoria será un absoluto fracaso e irá no senso contrario de futuras mobilizacións comarcais, que so se poden facer de xeito unitario como a de este domingo 10 de xuño
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon