mércores, xuño 06, 2012

Reganosa outra vez , ... Por Perfecto Conde Muruais

Tags

Por Perfecto Conde Muruais [*]
06.06.2012


Lendo hoxe praza.com entérome de que o Tribunal Supremo desestimou a apelación que Reganosa presentou contra a sentencia do tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 22 de abril de 2008, que anulaba a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos que serviu de base para licenciar as obras da pranta de gas de Roberto Tojeiro.

Sen dúbida o de Reganosa é un dos episodios industriais máis controvertidos e significativos da Galicia das últimas décadas. A planta regasificadora foi construída en plena ría de Ferrol e a menos de 1.000 metros de importantes núcleos de poboación, contra a opinión do Concello de Ferrol, daquela gobernado polo alcalde nacionalista Xaime Bello, e coa oposición de numerosos veciños da comarca, asociacións ecoloxistas e veciñais, etc.

O caso constituíu, ademais, un rechamante exemplo de como se moven ás veces intereses moi contraditorios no colo dos partidos políticos de Galicia. Así, mentres que o equipo municipal que gobernaba daquela en Ferrol (unha coalición de nacionalistas e socialistas) loitou contra a implantación da regasificadora no lugar que ocupa actualmente (propoñían que se instalase no que agora é o porto exterior de Ferrol), dirixentes do BNG, como o que despois foi conselleiro de Industria, Fernando Blancohoxe imputado xudicialmente por asuntos que non teñen que ver coa planta de gas–, ou o mesmo máximo dirixente da UPG, Fancisco Rodríguez, favoreceron todo o que puideron os intereses do promotor da mesma, Roberto Tojeiro, e dos seus socios, entre os que estaba a daquela chamada Caixa Galicia.

[*] Perfecto Conde Muruais, xornalista galego.

Fonte: Croques
perfectoconde@gmail.com
______________

1 comentarios so far

Que opinarán do tema os dous alcaldes de Tojeiro: San Sadurniño e Mugardos?


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon