Fotos: Susete'70.
Hoxe 14 de Xuño de 2012, sobre as 11 da mañá, foron xulgados dous compañeiros da CIG, X.A. Pintos, co-Secretario Comarcal da CIG e un compañeiro do Consello Federal do Metal. O seu delito, defender á clase traballadora. Despois da pasada Folga Xeral do 29 de Marzo, as centrais sindicais convocantes acordaron denunciar as practicas antisindicais da Dirección de Ferrol do hipermercado transnacional Alcampo. Foi no transcurso desa acción sindical, convocada días despois, onde os compañeiros foron sinalados, pola policía, entre un numeroso grupo de traballadoras e traballadores que desenvolvían unha acción de denuncia e información á cidadanía en xeral, sobre o comportamento antisindical da citada dirección de Alcampo.
Enlaces relacionados:
Ártabra 21: Concentración en solidariedade con dous sindicalistas xulgados en Ferrol [FORXA!] - 14 de Xuño de 2012
Ártabra 21: Concentración en solidariedade con dous compañeiros da CIG que serán xulgados este xoves por participar nunha acción sindical conxunta o pasado 19 de abril no Hipermercado Alcampo
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon