xoves, xuño 14, 2012

Actuacións de Esquerda Unida no Parlamento de Madrid, despois da Sentencia do Tribunal Supremo sobre a Planta de Gas de Mugardos - Reganosa ilega


COMUNICADO DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

EU  FORMULA UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS  PARLAMENTARES PARA ENFRONTAR O ESCÁNDALO DE REGANOSA
EU VAI RECLAMAR UNHA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN SOBRE REGANOSA NO CONGRESO
YOLANDA DÍAZ  AFIRMA A VONTADE DE  ANIMAR E FORNECER A  LOITA CIDADÁ PARA GARANTIR SEGURIDADE E XUSTIZA NA NOSA RÍA E PARA A NOSA VECIÑANZA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida avanzou hoxe en rolda de prensa a batería de iniciativas parlamentares  no Congreso para enfrontar o escándalo político-económico de Reganosa, que ten agora un corolario necesario ao cúmulo de irregularidades e ilegalidades: a sentenza do Tribunal Supremo que declara a nulidade do trámite municipal para modificar puntualmente o plan xeral de Mugardos, trámite ilegal que se fixo para cohonestar unha planta de gas superflua e  que ameaza a nosa veciñanza.

O Grupo Parlamentar de IU- A ESQUERDA PLURAL no Congreso presentou nestas xornadas dúas preguntas parlamentares reclamando do Goberno do Estado que asuma as súas competencias e garanta con elo os dereitos, a seguridade e a legalidade para a veciñanza de Ferrolterra en relación coa planta de gas instalada no corazón da ría de Ferrol.

EU pregunta polo sospeitoso tráfico de descargas e cargas  do mesmo cargamento de gas  realizadas nestes meses, tráfico e operacións de dubidosa necesidade e que aumentan exponencialmente o risco que padece a nosa cidadanía. Non se entende e non se xustifica que embarcacións recalen na ría de Ferrol para descargar un gas que volven a cargar dous ou tres días despois. Esiximos que as autoridades ministeriais indaguen as razóns dunha práctica operacional que non ten pes nin cabeza.

Outra das iniciativas reclama unha actuación urxente do Goberno do Estado, no ámbito das súas competencias, para executar unha sentenza –a do Tribunal Supremo en segunda instancia e que xa é firme- que supón que a planta é ilegal e que os procedementos e actuacións que se sucederon para poñela en funcionamento  non teñen validez algunha.

EU anunciou na rolda de prensa de hoxe que nas vindeiras datas se presentará no Congreso  a demanda dunha Comisión de Investigación sobre o conxunto do expediente Reganosa, para que o Parlamento do Estado acade unhas conclusións, que ao noso xuízo somentes poden rematar co desmantelamento da actual planta de gas. En canto se presente a moción para crear esa Comisión daremos cumprida conta de todos os seus extremos.

Ferrol,  mércores 14 de xuño  de 2012



Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/



Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
14 de junho de 2012 14:00

Prezadas/os amigas/os: achegamos un INFORMACIÓNS do Grupo Municipal onde damos conta das últimas iniciativas parlamentares  sonre a planta de gas de Reganosa: as preguntas polas descargas e cargas do mesmo material dos gaseiros, e a reclamación para que o Ministerio, no seu ámbito competencial, execute unha sentenza que xa é firme no Supremo. Tamén avanzamos que EU traballa para presentar nestes días unha moción para crear unha comisión de investigación obre o escándalo de Reganosa no Congreso. Saúdos, Ramiro Marier

___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon