xoves, xuño 14, 2012

O #15M acampa este fin de semana no Paseo Marítimo de Xubia en Narón - Mesas informativas e iniciativas en marcha: ILP dación en pago, ... - Mobilización en contra do Rescate - Cúpula dos Povos na Rio+20 - #Acampada en Narón Sábado e Domingo, 16 e 17 de Xuño - Participa !!


Acampada do #15M no Paseo Marítimo de Xubia en Narón, desde as 4 da tarde do sábado, 16 de Xuño até as 3 da tarde do domingo 17.

O vindeiro fin de semana celebraremos unha Acampada Informativa no paseo
de Xubia, o programa de actividades:

SÁBADO 16
  • Desde as 16hs: Mesas informativas de colectivos e iniciativas en marcha; ILP Dación en Pago, desobediencia económica ... convidamos a todas as persoas e colectivos que o desexen a instalar as súas mesas e informar sobre a súa actividade.
  • Ás 17hs: Concentración en contra do Rescate.
  • Ás 19hs: Charla informativa e debate “Recorte de dereitos civís”.
  • Pola noite: Cea e Queimada.
DOMINGO 17
  • Ás 12hs: Asamblea Aberta
A Acampada coincidirá coa Cúpula dos Povos na Rio+20 pola Xustiza Social e Ambiental, contra a mercantilización da vida e en defesa dos bens comuns, un evento organizado pola sociedade civil global que acontecerá entre os dias 15 e 23 de Xuño no Aterro do Flamengo, no Rio de Janeiro – paralelamente á Conferencia das Nacións Unidas sobre Desenvolvimento Sustentável (UNCSD), a Rio+20.

Facemos un chamamento xeral a tódalas persoas e colectivos interesad@s en
participar un Saúdo !!

Sae á rúa, faite ouvir !!!

Xunt@s podemos !!!

Localización do Paseo Marítimo de Xuvia, en Narón:


Visualizar o mapa ampliado


Toma a Rúa Ferrol:
http://tomaarua.blogspot.com/
http://www.facebook.com/groups/tomalacalleferrol/
https://n-1.cc/pg/profile/acampadaferrol

Para contactar en Ferrol:
acampadaferrol@gmail.com
___________________

1 comentarios so far

Non saben nada os do 15M :http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2012/05/26/naron-neda-unen-celebrar-nueva-edicion-xuvino/00031338046589230358921.htm


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon