martes, xuño 12, 2012

Concentración en solidariedade con dous compañeiros da CIG que serán xulgados este xoves por participar nunha acción sindical conxunta o pasado 19 de abril no Hipermercado Alcampo

Concentración no Xulgado de Ferrol

O vindeiro xoves, día 14 de xuño ás 11:20 se celebra o xuizo polos incidentes en Alcampo, contra dous compañeiros da CIG, Pintos, co-portavoz comarcal e contra un membro do Consello Federal do Metal. Faremos unha concentración ás 10,45 na entrada do Xulgado de Ferrol co fin de amosar a nosa solidaridade cos compañeiros e rexeitar a persecución sindical. Agardamos contar coa vosa presenza.

!!!!!!!NON A REPRESIÓN SINDICAL!!!!!!!

!!!!!!!NON AO RECORTE DE DEREITOS!!!!!!!



Lembramos que estes incidentes sucederonse ás portas do Hipermercado Alcampo nunha xornada informativa de sensibilización á cidadanía tras o comportamento do Hipermercado na xornada de folga xeral do pasado 29 de marzo de 2012. Esta acción sindical fora convocada por CCOO, CIG, UGT e USTG e na mesma participaron moitos traballadores e traballadoras da nosa comarca.

2 comentarios

Alcampo merece unha acción sorpresa masiva, convocada por todos os sindicatos, para que se acabe a súa prepotencia.
Ademais todos os que participamos nesa acción pola que se vai xulgar a Pintos e Porfirio deberiamos ir autodenunciarnos no xulgado. A autodenuncia xa a tiña que ter organizado a CIG en vez doutras caralladas como a do día 28 de xuño

tamen nos botaron das suas portas a dous membros da plataforma en defensa da sanidade publica cando repartiamos a convocatoria do pasado 3 de xuño en Compostela.BOICOT A ALCAMPO!!!!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon