O fotógrafo que tomou esa instantánea en Irak, Al Mussayyib, no 2003, Marco di Lauro, díxolle ao London Telegraph que estaba alucinado de que empregasen os medios esa foto para ilustrar a masacre de Houla. A foto mostra a un neno iraki saltando os corpos de civís iraquís mortos ¡e foi tomada fai 9 anos!.
Clicar acima da imaxe para ampliar
Clicar acima da imaxe para ampliar
Por Gonzalo Sánchez [*]
12.06.2012
A falta dun mínimo de formación política adóitanos levar a cometer contradicións no máis elemental. Unha delas consiste en saír á rúa a protestar contra os banqueiros, políticos da burguesía e os grandes empresarios que nos están sumindo na miseria e logo crerse o que din os seus medios de comunicación. Tragarse polas boas os seus argumentos, os cales só serven para protexer os seus intereses, contrarios aos nosos.
Cando nos seus medios de comunicación din que Chávez é un dictador fano porque o presidente venezolano nacionalizou os sectores estratéxicos, os cales xa non poden ser explotados polas empresas accionistas deses medios de comunicación.
Pouco importa que as misións electorais da Unión Europea, que a mesma OEA que apoiou o golpe contra Chávez e que o expresidente norteamericano Carter digan que non hai fraude nas eleccións de Venezuela, esas empresas queren recuperar a explotación dos sectores estratéxicos venezolanos e mentirán nos seus medios de comunicación até que cheguen ao poder os mesmos políticos capitalistas que sufrimos aquí e lles devolvan os contratos para explotar o petróleo venezolano (entre outras cousas), co que o beneficio que está sendo empregado no pobo suramericano quede nas man de burgueses e oligarcas.
Non saber que se está sendo manipulado, non comprender que os intereses dos banqueiros dos que nos queixamos nas rúas e son difundidos polos seus medios de comunicación, non son os nosos, representa unha contradición insalvable que debemos superar. Crerse o que digan os empresarios nos seus medios de comunicación sen analizar críticamente esas informacións leva a situarnos, de boa intención, cos nosos inimigos enfrontándonos aos nosos aliados.
Non é sospeitoso que os únicos presidentes latinoamericanos atacados nos medios de comunicación masiva sexan os únicos que non asinan Tratados de Libre Comercio con EEUU e Europa? Non vén a mosca trala orella cando queren intervir (agora chaman así a bombardear poboacións) países orientais que non se pliegan ante os intereses do imperialismo norteamericano mentres que ditaduras do mesma contorna xeográfica son respectadas?
Todo isto vén ao ver as posicións dalgúns compañeiros sobre a situación en Siria. É perigoso que se crean o argumento imperialista de que é o propio goberno sirio o que masacra á súa poboación. Non pode ser que a esquerda defenda o modelo de terror estadounidense que persegue impoñer a súa influencia nos países que non se renden aos seus intereses en oriente neste caso, que quere calar as voces que se opoñen ao fascista goberno de Israel na súa desproporcionada represión sobre o pobo palestino.
A situación en Siria merece que analicemos coidadosamente os feitos:
Represión
Aquí pasa o mesmo que en Libia. Como sabemos que as fotos que mostran sobre as supostas masacres son feitas en Siria a día de hoxe? Creémonos a foto da BBC con aquel rapaz triste encima de centos de asasinados polo réxime da o Assad? Podemos facelo e odiar ao presidente sirio por sesgar a vida de centos de cidadáns. Pero só durante uns minutos, até que vén o fotógrafo que a fixo e diga que esa instantánea tomouna en Irak en 2003. Iso leva a pensar que non existe represión en Siria si teñen que coller fotos feitas fai anos noutro país. Si tanta represión hai, porqué non poñen unha foto dela?
A mesma comisión de investigación da ONU que o goberno sirio deixou entrar ao país, expresou que a masacre de Houla (onde foron sangrientamente asasinados máis de 100 persoas, moitas delas mulleres e nenos) foi perpetrada por grupos terroristas alleos ao goberno de Bashar Al Assad. Financiados por EEUU, tal e como o dixo a mesma Hillary Clinton.
O Plan de Kofi Annan
O enviado especial da ONU, Kofi Annan, desenvolveu un plan de paz para solucionar pola vía pacífica a delicada situación en Siria. O goberno da Al Assad cumpriuno. Retirou as súas tropas, liberou aos “prisioneiros políticos” que non son outra cousa que asasinos como os que perpetraron a matanza de Houla e deixou entrar ao país ao equipo técnico de Anann. Os grupos terroristas financiados por EEUU para derrocar o goberno da AL Assad non estiveron interesados en cumprilo porque non se lles paga para conseguir a paz, senón para eliminar a un inimigo do imperialismo nortamericano, polo que cada vez que Annan ía visitar Siria, atacaban á poboación civil, e até secuestraron a observadores da ONU. Como se sabe que non foi o “réxime” da AL Assad? Porque o mesmo Xefe da Misión da ONU en Siria, Robert Mood agradeceu a actuación do exército sirio -dependente da Al Assad- mentres chamou aos terroristas pagos por EEUU, tamén chamados “oposición armada” a non repetir actos similares. Xa sabemos que quen atacan á ONU en Siria son os mercenarios pagos polo imperialismo, o que supón unha boa pista para saber quen son os que atacan á poboación siria.
Potencias como Francia, EEUU e Israel nunca apoiaron o plan de paz en Siria e pediron (piden) unha intervención militar no país africano, menosprezando os intentos de Annan por conseguir a paz. A súa intención non é conseguir que o pobo sirio deixe de sufrir senón acabar co goberno da Al Assad.
Eleccións en Siria
Como forma de acougar a situación no país, Bashar Al Assad convocou eleccións en Siria. O seu partido presentouse en coalición co partido Comunista de Siria, socialistas árabes e os Nasseristas sirios. Esta xornada electoral (maio de 2012) efectuouse baixo a atenta mirada de persoal civil e militar enviado pola ONU, polo que as sospeitas de fraude deberían quedar eliminadas. Os medios de comunicación dos empresarios que conseguiron un bo anaco de pastel coa caída de Gadafi e se frotan as mans pensando o que poderían conseguir en Siria, menosprezaron a lexitimidade destas eleccións, ao efectuarse no medio de violencia. O que non dixeron é que a violencia estaba sendo provocada polos terroristas financiados por EEUU e fotografada en Irak en 2003.
A participación foi do 51% e Baaz, o partido de Al Assad obtivo o 60% dos votos. Non creo, nin moito menos, que o goberno sirio sexa perfecto, pero polo menos é laico e as mulleres non están esmagadas polo asfixiante machismo que impón a Sharía, lei ultra relixiosa pola que se rexen países como Libia logo da caída de Gadafi.
Siria diversificou moito o seu mercado, estreitando relacións comerciais con países que non forman parte do eixe do ben (Rusia, Irán, Chinesa, Venezuela, Ecuador, Cuba, Nicaragua, Brasil, Cuba…) frustrando as aspiracións comerciais das empresas privadas occidentais que non poden botarlle man ás riquezas de Siria. Ademais non apoia aos EEUU nas súas aspiracións por someter a Irán, polo que se interpón na estratexia imperialista, concretamente nas súas aspiracións de dominación mundial.
O goberno de Siria é culpable de opoñerse ao imperialismo norteamericano, e está sendo obxecto de ataques terroristas que a prensa mundial manipula para facer parecer á vítima como o verdugo. Abramos ben os ollos para que os nosos inimigos non nos coen nunca un cabalo como o de Troya.
[*] Gonzalo Sánchez, analista político, publica artigos en Rebelión e Tercera Información.
Publicado en librered.net | 10.06.2012
Enviado por:
LibreRed.net
-librered@hotmail.com-
12 de junho de 2012 07:03
___Enlace relacionado:
A BBC e a propaganda de guerra en Siria
http://www.laproximaguerra.com/2012/05/bbc-y-la-propaganda-de-guerra-en-siria.html
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon