Concentración en solidariedade con dous sindicalistas xulgados en Ferrol
A folga xeral do pasado 29 de marzo foi secundada masivamente, alén de polos principais centros produtivos, polo pequeno comercio da comarca de Ferrol, cun peche sen precedentes.
Pola contra, o Hipermercado Alcampo desmarcouse do apoio á clase obreira que loita xunto co resto dos sectores populares contra os recortes e medidas que nos están a impor a oligarquía e os monopolios, e decidíu non secundar a folga, nin permitir que os seus traballadores e traballadoras exerceran este dereito.
O propio piquete informativo que estivo practicamente durante toda a xornada ante as portas deste establecemento, fortemente custodiado polos antidisturbios (como vén sendo habitual), decidíu preparar unha campaña informativa de sensibilización, a nivel comarcal, para os días posteriores.
Foi nesa primeira convocatoria unitaria de CCOO, CIG, UGT e USTG, do pasado 19 de abril, na que participaron un bo número de traballadores e traballadoras da comarca, onde a policía identificou, de xeito totalmente aleatorio, a dous compañeiros da CIG que posteriormente recibiron unha citación xudicial.
Estes dous compañeiros, que son o co-portavoz comarcal da CIG-Ferrol e un membro do Consello Federal do Metal (tamén militante de FORXA!), teñen o xuízo este xoves 14 de xuño, ás 11:20 horas.
Ese mesmo día, está convocada unha concentración de solidariedade con estes dous compañeiros, e contra a persecución sindical, ás 10:45 horas, nas portas dos Xulgados de Ferrol.
Consulta máis actualizacións da Revista Dixital en www.revistaforxa.blogspot.com
As solucións fóra do marco do poder popular só serven ao capital.
O fortalecemento do KKE determinará a posición do pobo o día despois das eleccións.
...
Enviado por:
Forxa!! Construír o partido, preparar a revolución!!
-forxagz@gmail.com-
13 de junho de 2012 23:20
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon